Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 9 de julio de 2014

A DEPUTACIÓN ABRE UNHA LIÑA DE AXUDAS PARA CUBRIR NECESIDADES BÁSICAS COMO ALIMENTACIÓN, VIVENDA, MEDICAMENTOS OU PRODUTOS DE HIXIENE



Estará dotada de 365.00 euros e poderán solicitala os concellos

A Deputación de Pontevedra abre unha nova liña de axudas destinadas aos concellos, co obxectivo de garantir a cobertura de necesidades básicas das familias en risco de exclusión.
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou esta mañá as bases que regulan as axudas, cun orzamento total de 365.000 euros, e que van destinadas a cubrir desde alimentación ata vivenda, pasando por medicamentos, produtos de limpeza e hixiene ou a adquisición de medicamentos.
As axudas poderán solicitalas os servizos sociais comunitarios dos concellos de menos de 20.000 habitantes, que disporán dunha contía máxima establecida en función da poboación e da porcentaxe de desemprego a respecto do total da súa poboación e que deberán destinar os fondos a atender ás persoas que carezan de ingresos suficientes para cubrir as súas necesidades básicas.
En todo caso, e aínda que se lle dará prioridade á demanda dirixida a dar resposta ás necesidades alimentarias dos nenos que, polo peche dos comedores escolares, se atopen en situación de exclusión social ou en risco de estalo, a Deputación pretende que esta liña de axudas permita tamén garantir outros dereitos fundamentais.
Tipos de axudas
Así, establécense seis modalidades de axuda. A primeira delas é a destinada á compra de alimentos perecedoiros e atendendo tamén á adquisición de alimentos para bebés ou persoas con dietas especiais por motivos médicos, como celíacos ou alérxicos, entre outros.
No que respecta á vivenda, as axudas poderán destinarse ao pagamento de débedas de alugueiro co obxecto de impedir o desafiuzamento ou, de maneira excepcional, para o pagamento de hipotecas, sempre e cando a contía de cada cota sexa inferior a 400 € e a débeda non sexa maior de dúas cotas.
Tamén se subvencionará o pagamento dos recibos de subministracións básicas da vivenda (electricidade, gas ou auga)
As bases contemplan, ademais, achegas para a compra de produtos básicos de uso común para a limpeza da vivenda (lixivia, líquido lavalouza,…), produtos de aseo persoal (xabón, desodorizante, produtos de hixiene feminina, etc) e o pagamento de produtos farmacéuticos prescritos por un facultativo especialista ou polos médicos de atención primaria.
Finalmente, tamén se poderán cubrir coa achega da Deputación desprazamentos a recursos asistenciais ou sanitarios fóra do propio concello cando sexan debidos a tratamentos, xestións ou actividades que non poidan ser levadas a cabo dentro deste.
Así mesmo, realizaranse pagos de desprazamentos dentro do propio concello cando estes sexan motivados polas xestións ou actividades relacionadas co programa de educación familiar, servizo de axuda no fogar, ou asistencia a recursos sociais, educativos ou sanitarios do propio concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario