Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 1 de julio de 2014

Hoxe comeza a época de perigo alto de incendios forestais, que se prolonga ata o 30 de setembro


  • Esta medida faise efectiva de acordo co establecido pola normativa sobre prevención e defensa contra os lumes forestais en Galicia

Hoxe 1 de xullo, comeza a época de perigo alto de incendios forestais, que se prolonga ata o 30 de setembro. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou nos últimos días unha Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se determina este período.
A publicación desta Orde no DOG faise efectiva de acordo co establecido polo artigo 9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Esta norma establece que, en consideración aos antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia.
A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Tamén poden chamar ao número de emerxencias 112.

No hay comentarios:

Publicar un comentario