Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 19 de julio de 2014

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA REFORZA O CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN DOS CIDADÁNS NAS CAMPAÑAS DE DOAZÓN DE SANGUE


·         As unidades móbiles do CTG visitarán ao redor de 80 municipios galegos ata concluír o presente mes de xullo tentando conquerir a colaboración dos galegos e galegas

O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) reforza o seu chamamento á participación de todos os cidadáns na campaña de doazón de sangue que está a desenvolver nos meses de verán, co obxectivo de acadar 10.000 doazóns de sangue mensuais ata a conclusión do período estival.

A coincidencia da deslocalización dos doadores habituais por ser datas eminentemente vacacionais e o incremento das urxencias derivadas dos accidentes de tráfico, son factores que explican a dificultade que entrañan os meses de verán para manter a participación dos cidadáns nas campañas de doazón. Por estes motivos, o CTG quere reforzar o constante chamamento que fai apelando a ben consabida solidariedade dos galegos e galegas e lembrarlles a vital importancia da súa colaboración nas campañas de doazón de sangue durante os meses de verán.

Obxectivos
Durante os vindeiros quince días, o CTG achegara as súas dez unidades móbiles ata ao redor de  oitenta concellos galegos, tentando acadar unha media de 500 doazóns de sangue diarias, as precisas para garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos nosos centros sanitarios.

O CTG agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades aos cidadáns, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles cada día que efectuarán as seguintes visitas:

DATA
CONCELLOS
Xoves 17 de xullo
Narón, Sada, Zona A Gaiteira-Os Castros (A Coruña). Noia, Xuño, Praza Maior (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense), Bueu, Ribadumia e Salceda de Caselas.
Venres 18 de xullo
Narón, Malpica de Bergantiños, Zona Monelos-Castrillón (A Coruña), Noia, Burela, Rúa do Paseo (Ourense), Bueu, Salceda de Caselas e Vilagarcía de Arousa.
Sábado 19 de xullo
Buño, Noia, Burela, Centro Comercial A Laxe (Vigo) e Vilagarcía.
Luns 21 de xullo
Coirós, Carral, El Temple, Serra de Outes, Padrón, Paradela, Portomarín, Bº Mariñamansa (Ourense), Tameiga e Tui
Martes 22 de xullo
Ortigueira, A Laracha, El Temple, Serra de Outes, Santa Comba, Outes, Padrón, O Inicio, Oural, Sarria, Tui e Zona Residencial Navia (Vigo).

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

LUGAR
HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE (Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00
Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas

COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE OURENSE (Ourense)
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Cómo participar
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...).

A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, o Centro de Transfusión de Galicia dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou   coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

No hay comentarios:

Publicar un comentario