Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 2 de julio de 2014

Un grupo de 160 porriñesas visitan Barosa, Portas, Cuntis e Castro de Baroña


A Asociación Mulleres en Igualdade foi quen organizou esta excursión e traballa xa na posta en marcha doutras actividades de lecer e formativas, anunciando a próxima celebración dun curso de dietética e nutrición
[Img #14915]A Asociación Mulleres en Igualdade do Porriño organizou unha xornada de lecer para as súas asociadas consistente nunha visita turística por diversos puntos da xeografía galega. Así, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, celebrou unha excursión da que participaron un total de 160 mulleres de todas as parroquias porriñesas. O grupo estivo na antiga azucreira de Portas, no parque natural do río Barosa, contemplando as súas impresionantes fervenzas, na vila termal de Cuntis e, finalmente, no Castro de Baroña, no concello de Porto do Son.

Dende a asociación estase a traballar para a organización de novas saídas como estas e tamén doutro tipo de actividades formativas e de lecer. Precisamente, a súa presidenta, Ana Martínez Paradela, explica que proximamente celebrase un curso de dietética e nutrición.

Mulleres en Igualdade do Porriño conta na actualidade cunhas 300 asociadas e con representación en cada unha das oito parroquias, tendo o seu local na sede do Partido Popular do Porriño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario