Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 16 de agosto de 2014

A ruta 14, Barro. PRETO DE 21.000 PERSOAS COÑECERÁN A PROVINCIA DA MAN DA DEPUTACIÓN



362 asociacións de todos os concellos da provincia solicitaron participar no programa Coñece a túa provincia
·       Arousa e Deza, entre as comarcas que máis desexan visitar os beneficiarios do programa
Un total de 20.959 persoas participarán este ano no programa Coñece a túa provincia. Farano da man de 362 asociacións de todos os concellos que solicitaron participar neste programa, co que a Deputación de Pontevedra busca promover o turismo interior e animar á poboación a coñecer os recursos propios, á vez que contribúe ao dinamismo dos diferentes colectivos, facilitándolle a organización de actividades para os seus socios.
Arousa e Deza son as comarcas máis demandadas polos usuarios deste programa. Así, as dúas rutas con máis demanda nesta edición son a que levará aos participantes a Ons e ás vilas mariñeiras de Sanxenxo e Portonovo, con 66 asociacións que demandaron esta viaxe, seguida pola coñecida como Ruta Marítima, que inclúe un paseo en barco de Arousa-O Grove cunha degustación de produtos do mar, visita a O Grove e á Illa de A Toxa, miradoiro de Siradella e paseo de Pedras Negras, e que demandaron 44 asociacións.
A terceira ruta máis solicitada, con 32 peticións, é a que se adentra na comarca do Deza e Tabeirós, con visita a Lalín, mosteiro de Carboeiro, fervenza do Toxa, Museo Ramón María Aller e conxunto natural e etnográfico de Codeseda.
Redondela é o cuarto destino máis solicitado (30 asociacións), cunha ruta que inclúe visita ao seu conxunto histórico, á praia e porto de Cesantes, á Illa de San Simón e ao paso do Camiño de Santiago.
Kayak e surf
O programa oferta outras 18 rutas, todas elas con demanda por parte das asociacións e que levará a 21.000 persoas de diferentes colectivos (mulleres, mozos, maiores, persoas con discapacidade, asociacións de veciños….) a coñecer o mellor da provincia, tanto no que respecta a recursos naturais como arquitectónicos, históricos, etnográficos, culturais e, incluso, de turismo activo, como as dúas rutas denominadas Xuventude no mar, que inclúe a práctica de surf ou kayak nas praias de Patos e da Madorra unha delas e de kayak na ría de Aldán a outra.
As rutas incluídas no programa son as seguintes

DETALLE
ASOCIACIÓNS QUE A SOLICITARON

RUTA 1
Edificios da Deputación de Pontevedra: Pazo provincial, palacete das Mendoza, Museo de Pontevedra, pazo de Lourizán e castelo de Soutomaior
4 Asociación
RUTA 2
Pazo de Oca, mosteiro de Santa María de Aciveiro, visita a Sabucedo, visita á Estrada
15 asociacións
RUTA 3
Lalín, mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, fervenza do Toxa, Museo Ramón María Aller, visita ó núcleo urbano de Lalín, conxunto natural e etnográfico de Codeseda (Museo Etnográfico, Casa do Patrón, paseo fluvial, aldea de Codeseda e muíños)
32 asociacións
RUTA 4
Ruta de Arousa–O Grove con degustación, Illa da Toxa, visita ó núcleo urbano do Grove, miradoiro do monte Siradella, paseo de madeira de Pedras Negras (praia da Lanzada)
47
RUTA 5
Enoturismo: Cambados (adegas e degustación de viño D. O. Rías Baixas), Museo Etnográfico do Viño, Barrantes, ruta dos muíños
14
RUTA 6
Mosteiro da Armenteira, Ruta da Pedra e da Auga con antigos muíños fluviais, pazo de Señoráns con visita á adega, xacemento arqueolóxico do monte do Castro
10
RUTA 7
Conxunto histórico de Combarro, mosteiro de Poio, miradoiro do monte Castrove e visita ó Centro Arquelóxico da Caeira
4
RUTA 8
Parque arqueolóxico de Campo Lameiro, Cerdedo (arquitectura civil e popular), conxunto histórico de Pontevedra
2
RUTA 9
Redondela: conxunto histórico, Camiño de Santiago, praia e porto de Cesantes, illa de San Simón
30
RUTA 10
Cangas: Santo André do Hío, cabo Home, costa de Soavela
8
RUTA 11
Salvaterra de Miño: parque A Canuda, paseo fluvial polo río Miño
Arbo: Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea
18
RUTA 12
Baiona: conxunto histórico, fortaleza de Monterreal, carabela A Pinta, Virxe da Rocha, mosteiro de Santa María de Oia
8
RUTA 13
A Guarda: citania de Santa Trega, miradoiro, porto
Tui: conxunto histórico, catedral, río Miño, paseo
27
RUTA 14
Fervenzas do Parque Natural da Barosa (Barro), visita á antiga azucreira e miradoiro dos vales do Umia e exposición de Domingo Fontán en Portas; casco vello, ponte romana e fonte das augas quentes en Caldas de Reis; conxunto arqueolóxico de Castrolandín en Cuntis
16
RUTA 15
Vigo: arquitectura modernista dos edificios da cidade, barrio mariñeiro do Berbés, monte do Castro, monte da Guía
1
RUTA 16
Templo votivo e arco visigótico de Panxón, porto pesqueiro, miradoiro de Monteferro, pazo de Cea, pazo da Touza
1
RUTA 17
A Illa de Ons, vila mariñeira de Portonovo e Sanxenxo
66
RUTA 18
Xuventude no mar (kayak ou surf na praias de Patos e da Madorra), Nigrán, Baiona
3
RUTA 19
Xuventude no mar II (kayak na ría de Aldán), visita ós cantís da costa de Soavela, paseo por cabo Udra
2
RUTA 20
Ruta de Antonio Palacios, paseo do Louro, visita a Cans (O Porriño), área recreativa da Freixa (Ponteareas)
1
RUTA 21
Vilagarcía de Arousa (petroglifos dos Ballotes, Ruta dos Pazos, miradoiro de Lobeira), visita a Vilanova de Arousa (Casa Museo de Valle-Inclán), A Illa de Arousa (paseo marítimo do Cantiño)
23
RUTA 22
Mondariz: castro de Troña, castelo de Sobroso, Mondariz-Balneario, Virxe da Franqueira, Covelo
27

No hay comentarios:

Publicar un comentario