Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 25 de agosto de 2014

En Barro acompañante transporte escolar. A DEPUTACIÓN PON EN MARCHA PRETO DE 70 ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA MOZOS E MOZAS, NO MARCO DO PROGRAMA ACTÍVATE



55 concellos da provincia solicitaron algún dos cursos, que abarca un total de 38 áreas diferentes
A Deputación de Pontevedra pon en marcha 69 actividades formativas para mozos e mozas de entre 16 e 35 anos no marco do programa Actívate 2014.
Unha vez pechado o prazo de solicitude, foron 55 os concellos da provincia que demandaron poder impartir no seu termo municipal algún dos cursos que a Deputación oferta e que abarca un abano de 38 especialidades diferentes.
Os concellos de máis de 15.000 habitantes que se acolleron a este programa poderán ofertar dous cursos diferentes, mentres que nos de menos de 15.000 se impartirá un único obradoiro.
Os cursos teñen unha duración de 40 horas e pretenden ofrecer á mocidade actividades formativas de interese tanto de cara ao seu desenvolvemento profesional como social e persoal.
Así, inclúense cursos nas áreas de Novas Tecnoloxías (Internet e correo electrónico; Iniciación á informática; Retoque fotográfico por ordenador; Iniciación ás redes sociais; Elaboración de páxinas web); Agicultura (Cultivo agrícola, horticultura; Herboristería, herbas medicinais; Creación dunha horta ecolóxica…); Artesanía (Obradoiro de coiro; Cestería; Confección de bixutería; Deseño e estampado de camisolas…); Actividades Artísticas (Pintura e debuxo artístico; Fotografía); reparacións domésticas e bricolaxe (Pintura e restauración de mobles; Tapicería, Mecánica básica do automóbil…); Cociña (Cociña tradicional galega; Conservación de alimentos; Tapas, petiscos e canapés…) e Servizos ás Persoas (Linguaxe de signos; Atención e coidados básicos do neonato e do lactante; Deseño, planificación e desenvolvemento de actividades de lecer e tempo libre; Coidados básicos para persoas dependentes; Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios…) entre outras.

CONCELLO
CURSOS
AGOLADA
RETOQUE FOTOGRÁFICO POR ORDENADOR
ARBO
INICIACIÓN ÁS REDES SOCIAIS
BAIONA
COCIÑA TRADICIONAL GALEGA
BARRO
ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR
BUEU
ACOMPAÑANTE DE COMEDOR ESCOLAR
CALDAS
XARDINERÍA
CAMBADOS
LINGUAXE DE SIGNOS
CAMPO LAMEIRO
APLICACIÓN DE TÉCNICAS DE SEGURIDADE E PRIMEIROS AUXILIOS
CANGAS (2 cursos)
APLICACIÓN DE TÉCNICAS DE SEGURIDADE E PRIMEIROS AUXILIOS//CESTERÍA
CAÑIZA, A
APLICACIÓN DE TÉCNICAS DE SEGURIDADE E PRIMEIROS AUXILIOS
CERDEDO
CREACIÓN DUNHA HORA ECOLÓXICA
COTOBADE
PINTURA E RESTAURACIÓN DE MOBLES
COVELO
INICIACIÓN Á INFORMÁTICA
CRECENTE
XARDINERÍA
CUNTIS
ELABORACIÓN DE XABÓNS CASEIROS E PERFUMES ARTESÁNS
ESTRADA, A (2 cursos)
FOTOGRAFÍA: INICIACIÓN/ RETOQUE FOTOGRÁFICO POR ORDENADOR
FORCAREI
PINTURA E DEBUXO ARTÍSITICO: INICIACIÓN
FORMNELOS DE MONTES
ELABORACIÓN PÁXINAS WEB
GONDOMAR
RETOQUE FOTOGRÁFICO POR ORDENADOR
GROVE, O
RECICLAXE E REUTILIZACIÓN
GUARDA, A
ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR
LALÍN (2 cursos)
CREACIÓN DUNHA HORA ECOLÓXICA// TAPAS, PETISCOS E CANAPÉS
LAMA, A
RESTAURACIÓN DE MOBLES
MARÍN (2 cursos)
FOTOGRAFÍA: NIVEL AVANZADO/ XARDINERÍA
MEAÑO
ELABORACIÓN DE XABÓNS CASEIROS E PERFUMES ARTESÁNS
MEIS
CLASIFICACIÓN DE COGOMELOS COMESTIBLES
MOAÑA (2 cursos)
APLICACIÓN DE TÉCNICAS DE SEGURIDADE E PRIMEIROS AUXILIOS// COIDADOS BÁSICOS PARA PERSOAS DEPENDENTES
MONDARIZ
COIDADOS BÁSICOS PARA PERSOAS DEPENDENTES
MORAÑA
CESTERÍA
MOS (2 cursos)
LINGUAXE DE SIGNOS// REPARACIÓNS DOMÉSTICAS DE FONTANERÍA, ALBANELERÍA E CARPINTERÍA
NEVES, AS
APLICACIÓN DE TÉCNICAS DE SEGURIDADE E PRIMEIROS AUXILIOS
NIGRÁN (2 cursos)
ACOMPAÑANTE DE COMEDOR ESCOLAR// FOTOGRAFÍA: INICIACIÓN
OIA
REPOSTERÍA
PAZOS DE BORBEN
ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR
POIO (2 cursos)
ACOMPAÑANTE DE COMEDOR ESCOLAR// ACOMPAÑANDE DE TRANSPORTE ESCOLAR
PONTEAREAS (2 cursos)
ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR// APLICACIÓN DE TÉCNICAS DE SEGURIDADE E PRIMEIROS AUXILIOS
PONTE CALDELAS
COIDADOS BÁSICOS PARA PERSOAS DEPENDENTES
PONTECESURES
COIDADOS BÁSICOS PARA PERSOAS DEPENDENTES
PORRIÑO (2 cursos)
COCIÑA TRADICIONAL GALEGA // TAPAS, PETISCOS E CANAPÉS
PORTAS
ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR
REDONDELA (2 cursos)
XARDINERÍA// DESEÑO, PLANIFICACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE
RIBADUMIA
HERBORISTERÍA, HERMAS MEDICINAIS
ROSAL, O
REPOSTERÍA
SALCEDA DE CASELAS
DESEÑO, PLANIFICACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE
SALVATERRA DO MIÑO
COIDADOS BÁSICOS PARA PERSOAS DEPENDENTES
SANXENXO (2 cursos)
DESEÑO, PLANIFICACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE// PINTURA E RESTAURACIÓN DE MOBLES
SILLEDA
ELABORACIÓN PÁXINAS WEB
SOUTOMAIOR
TAPICERÍA
TOMIÑO
REPARACIÓNS DOMÉSTICAS DE FONTANERÍA, ALBANELERÍA E CARPINTERÍA
TUI (2 cursos)
XARDINERÍA// COCIÑA TRADICIONAL GALEGA
VALGA
ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR
VILA DE CRUCES
REPOSTERÍA
VILABOA
ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR
VILAGARCÍA DE AROUSA  (2 cursos)
COCIÑA TRADICIONAL GALEGA // ACOMPAÑANTE DE COMEDOR ESCOLAR
VILANOVA DE AROUSA
XARDINERÍA

No hay comentarios:

Publicar un comentario