Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 14 de agosto de 2014

EN BARRO, ZUMBA. 608 ASOCIACIÓNS DA PROVINCIA DISPORÁN DE ACTIVIDADES FORMATIVAS NO MARCO DOS PROGRAMAS PENSA EN TI E TI TAMÉN CONTAS, DA DEPUTACIÓN



Máis de 15.000 persoas poderán beneficiarse desta iniciativa da Deputación de Pontevedra
·        Na comarca de Pontevedra, son 70 as entidades que demandaron algún dos múltiples cursos incluídos nestes programas
608 asociacións da provincia que traballan no seu día a día con mulleres e maiores beneficiaranse das accións formativas que a Deputación de Pontevedra pon en marcha a través dos programas Pensa en Ti e Ti tamén contas.
En conxunto, serán máis de 15.000 as persoas que se poderán beneficiar destas actividades, coas que a Deputación busca un dobre obxectivo: favorecer o dinamismo destas entidades e ampliar a oferta formativa e de lecer en todos os concellos da provincia.
Tanto Pensa en ti orientado a colectivos de mulleres ou que traballan neste campo, como Ti tamén contas, teñen unha excelente acollida entre as diferentes asociacións que ven neles unha oportunidade para ampliar a oferta de actividades tanto para os seus socios como para veciños e veciñas do contorno.
Así, nesta edición o programa Pensa en ti conta xa con 396 asociacións inscritas, que poderán ofertar cadanseu curso. Farano en actividades tan variadas como reciclaxe, elaboración de xabóns caseiros, panadería e repostería, diversas actividades físicas e deportivas (zumba, bailes de salón, ioga, pilates, …), conservas artesanais, arte floral, pintura en tea, cociña, informática, herboristería, idiomas e un longo etcétera.
A eles súmanse os incluídos no Ti tamén contas, no que pediron participar 212 entidades, con actividades moi variadas e adaptadas aos intereses dos maiores, como técnicas de memorización e conservación da memoria, ximnasia de mantemento, dietética e nutrición, así como informática, poda e tarefas do campo, sendeirismo, internet e correo electrónico, cestería, músicoterapia,encaixe de palillos….
70 cursos na comarca de Pontevedra
Do amplo abano de actividades que se van desenvolver nos 62 concellos da provincia, 70 realizaranse nos 8 concellos que integran a comarca de Pontevedra.
De todos eles, os concellos de Pontevedra e Ponte Caldelas, con os que concentran un maior número de actividades. Así, na capital desenvolveranse 11 cursos no marco do programa Pensa en Ti, da man das Asociacións de Veciños Santa María,  San Roque, Boa Vila, San Andrés, Bora, O Castro de Mourente e A Capela, así como da Asociación Cultural Veira do Río, a de Mulleres Rurais, Os Muíños de Marcón, Chan do Monte e O Castelo.
Os cursos abarcan corte e confección, danza do ventre, manualidades, musicoterapia, pilates, técnicas de memorización e conservación da memoria, vaíñas e bordados, xardinería, ximnasia de mantemento e zumba. A eles súmanse os solicitados outros 10 solicitados no marco do Ti Tamén Contas polas asociacións O Castro, A Capela, Heroes de Pontesampaio, San Andrés, San Roque, Centro sociocomunitario, Boa Vila, e AAVV de Bora.
En Pontecaldelas impartiranse un total de 12 cursos do programa Pensa en Ti e 6 do Ti Tamén Contas, e as entidades beneficiarias son Asociación Cultural Alborada, Asociacións de Mulleres do Verdugo e de Xustáns, asociacións de veciños de A Roca, Anceu, Taboadelo, San Martín de  Xustáns, Rebordelo e Nosa Señora do Castro e as asociacións culturais de Laxe das Cruces, O Torreiro, O Carballo da Capilla e Santa Teresa de Chaín.
En Cotobade impartiranse tamén 6 cursos do Pensa en ti e 7 do Ti Tamén Contas; Barro contará cunha actividade de Zumba no marco do Pensa en Ti; Campo Lameiro dúas de Pensa en Ti e 1 de Ti Tamén Contas; En A Lama organizaranse 9 cursos; en Poio 4 e en Vilaboa 2.

No hay comentarios:

Publicar un comentario