Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 5 de agosto de 2014

LOUZÁN SITUA A RAJOY COMA O MELLOR EMBAIXADOR DE GALICIA NO MUNDO

Destaca o compromiso do presidente do Goberno “coa súa terra”
·       Confía en que Ángela Merkel realice algún treito do Camiño durante a súa estadía en Galicia
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, situou a Mariano Rajoy coma “o mellor embaixador de Galicia” no mundo. Así o asegurou en resposta a preguntas dos xornalistas sobre a próxima reunión en Santiago do presidente do Goberno coa chanceler alemá Angela Merkel e as posibilidades de que faga un treito do Camiño de Santiago.
Louzán amosouse confiado en que efectivamente Merkel faga este percorrido pola ruta xacobea e contribúa así á difusión e promoción exterior de Galicia.
O responsable da Administración provincial lembrou que nos días previos á visita do primeiro ministro de Xapón a Santiago, o propio Rajoy lle comunicara que en agosto “teriamos outra boa noticia para Galicia”. Esa noticia, indicou o titular da Deputación, é “a visita da máxima responsable da locomotora económica de Europa, que non é outra que Alemaña”.
“Que veña a Santiago o primeiro ministro da terceira economía do mundo, que é Xapón; e que volva vir a Santiago a máxima responsable da locomotora económica de Europa e que poidamos tela aquí para ensinarlle as excelencias de Galicia, fala alto e claro da implicación do presidente do Goberno de España en relación á súa terra, como mellor embaixador que ten”, concluíu Louzán, quen contrapuxo este compromiso con Galicia á actitude do anterior presidente do Goberno que “non só non trouxo nada, senón que nin el mesmo veu a Galicia”.
Neste sentido, agradeceu o trato de Mariano Rajoy a Galicia “que exerce de galego en Madrid, en Europa e no mundo”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario