Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 30 de agosto de 2014

PRETO DE 100 OPERARIOS COMEZAN O LUNS A ACONDICIONAR O CAMIÑO PORTUGUÉS


A estes traballos sumaranse outras actuacións máis complexas para mellorar a seguridade e facilitar o tránsito dos peregrinos

Os traballadores recibiron hoxe o equipamento de traballo, así como información de seguridade e saúde laboral

A Administración provincial investirá 1 millón de euros este ano na “consolidación definitiva” deste camiño

Preto de 100 operarios comezarán este luns a traballar nas tarefas de limpeza e acondicionamento do Camiño Portugués aSantiago no treito comprendido entre Tui e Pontecesures. Así o anunciou esta mañá o presidente da Deputación.

Os traballadores recibiron hoxe o equipamento necesario para realizar un traballo que pretende que, nun prazo de seis meses, todo o percorrido do camiño pola provincia de Pontevedra estea en perfectas condicións de limpeza.

Louzán destacou que se trata tan só dunha das partes do proxecto conxunto que a Deputación, os 12 concellos da ruta e a Xunta de Galicia están a levar a cabo para “a consolidación definitiva” dunha ruta que realizan milleiros de persoas cada ano.

Parte construtiva
A estes labores iniciais sumaranse posteriormente, e tal e como anunciou o presidente da Deputación, outros traballos máis complexos orientados a mellorar a seguridade nos cruces e nos puntos máis conflitivos.S

Os traballadores recibiron hoxe o equipamento de traballo, así como información de seguridade e saúde laboral

A Administración provincial investirá 1 millón de euros este ano na “consolidación definitiva” deste camiño

Preto de 100 operarios comezarán este luns a traballar nas tarefas de limpeza e acondicionamento do Camiño Portugués aSantiago no treito comprendido entre Tui e Pontecesures. Así o anunciou esta mañá o presidente da Deputación.

Os traballadores recibiron hoxe o equipamento necesario para realizar un traballo que pretende que, nun prazo de seis meses, todo o percorrido do camiño pola provincia de Pontevedra estea en perfectas condicións de limpeza.

Louzán destacou que se trata tan só dunha das partes do proxecto conxunto que a Deputación, os 12 concellos da ruta e a Xunta de Galicia están a levar a cabo para “a consolidación definitiva” dunha ruta que realizan milleiros de persoas cada ano.

Parte construtiva

A estes labores iniciais sumaranse posteriormente, e tal e como anunciou o presidente da Deputación, outros traballos máis complexos orientados a mellorar a seguridade nos cruces e nos puntos máis conflitivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario