Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 30 de septiembre de 2014

AS OBRAS DO CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL DE BARRO ESTARÁN REMATADAS A MEDIADOS DE NOVEMBRO



O presidente da Deputación visitou hoxe as instalacións, acompañado do rexedor local, José Antonio Landín
As obras de remodelación do campo de fútbol municipal de Barro, para dotalo de céspede artificial, estarán rematadas a mediados de novembro. Así se puxo de manifesto na visita que esta mañá realizou ás instalacións o presidente da Deputación, Rafael Louzán, acompañado do rexedor local, José Antonio Landín.
Os traballos, que contan cun orzamento de 420.201,54 euros e que están sendo executados pola empresa Civis Global S.L., consistirán na transformación do actual campo de fútbol de terra nun campo de herba sintética.
O campo marcarase para dous campos de fútbol 7 e un campo de fútbol 11. Dotarase da correspondente rede de rego composta por 6 aspersores; dunha rede de iluminación, con 4 torres de 16 metros de altura e 4 proxectores de 2.000 watios e ao longo de todo un lateral construirase unha gradarío con dúas filas de bancadas.
Así mesmo, equiparase con 2 porterías de fútbol 11; 4 de fútbol 7; 2 banquillos de xogadores e banderíns de córner.
Tal e como puido comprobar o presidente da Deputación na súa visita ás obras, os traballos marchan a bo ritmo e nestes momentos xa están instaladas todas as canalizacións e tubaxes; completouse o movemento de terras e instaláronse as torres de iluminación.

Agora trabállase na dotación dos firmes e bases previos á instalación da capa de céspede artificial e estanse construíndo as bancadas, polo que, se o tempo o permite, os traballos estarán terminados nun prazo de mes e medio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario