Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 22 de septiembre de 2014

EN BARRO 2 EMPRESAS. COMEZA O PROCESO DE SELECCIÓN DE EMPRESA POR PARTE DOS PRETO DE 500 BOLSEIROS DO II PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS



O proceso desenvolverase durante a xornada de hoxe e mañá, para que todos os beneficiarios comecen a traballar o 1 de outubro

·       Na xornada de hoxe elixiron destino case 300 bolseiros
·       Na comarca de Pontevedra son 76 as empresas acollidas a este plan
·       Louzán destacou que esta iniciativa, “única en España”, leva xa facilitado o acceso ao mercado de traballo a preto de 2.000 titulados
Entre hoxe e mañá, preto de 500 bolseiros elixirán a empresa na que van desenvolver un ano de prácticas, financiadas pola Deputación de Pontevedra no mar co II Plan de Práctica Laboral.
O Salón de Plenos da Administración Provincial acolleu esta mañá á primeira quenda de bolseiros, correspondentes a 62 titulacións e pola tarde será o turno dos titulados de dúas das especialidades máis demandadas, que son o Ciclo superior en Administración e Finanzas e da Licenciatura e grao en Administración e Dirección de Empresas.
En total, case 300 mozos e mozas aos que mañá se sumará a última quenda, con 45 titulacións diferentes e bolseiros ata completar un total de 500 titulados que van ter a súa primeira oportunidade laboral na profesión para a que se formaron.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán destacou que, cos que agora participan neste II Plan de Práctica Laboral na empresa privada,  esta iniciativa, “única en España”, leva xa facilitado o acceso ao mercado de traballo “a preto de 2.000 pontevedreses con titulacións universitarias ou de FP”.
Por iso, animou aos novos bolseiros a “aproveitar ao máximo esta magnífica oportunidade” que lle pode abrir as portas do seu futuro laboral, tanto se se quedan na empresa na que van realizar as prácticas como se non, dado que, tal e como subliñaron moitos dos bolseiros acollidos a este programa, “isto vainos permitir ter unha experiencia que moitas empresas nos piden e que non tivemos ocasión de adquirir ata agora”.
76 bolseiros na comarca de Pontevedra
Do total de bolseiros que se beneficiarán desta iniciativa, 76 farano na comarca de Pontevedra. A maioría farao na capital da provincia, onde se ofertan prazas en 68  empresas.
A elas súmanse 4 no concello de Poio, 2 en Barro, 1 en Cotobade e outra en Ponte Caldelas.
Unha experiencia moi necesaria
A busca de experiencia que lle facilite o acceso a un posto de traballo na especialidade para a que se formaron é o obxectivo principal dos mozos e mozas que se apuntaron a este plan da Deputación.
Moitos deles xa coñecen o seu funcionamento porque contan con amigos que se acolleron ás anteriores edicións do plan, tanto na súa primeira versión, na que se ofertaban prazas en centros da administración pública tanto da Deputación como dos concellos, como no de prácticas en empresas, no que xa están traballando 500 mozos e mozas noutras tantas empresas da provincia.
“Coñezo algún que xa se ten presentado e, polo xeral, están moi contentos”, asegura a Cambadesa Lucía Alfonso Chantada, que realizará as súas prácticas laborais en Diacopevi, de Ponte Caldelas.
Tamén na comarca de Pontevedra traballará Mara Vázquez Lago, titulada en Enxeñería Técnica e Deseño Industrial e Grao en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto, que está feliz de ter unha oportunidade despois de moitos meses buscando traballo e que considera o Plan de Deputación unha iniciativa moi positiva e digna de manterse no tempo.
“Levaba un ano buscando traballo, ata en Barcelona, que é onde estaba facendo un máster –asegura-  e cando vin esta oportunidade aquí, na miña cidade e, ademais no único estudo de deseño que hai en toda Pontevedra, tiña que aproveitar”, afirma.
Agarda que esta oportunidade lle sirva “para o currículo, para adquirir experiencia”. Considera que se hai oportunidade de continuar no tempo sería estupendo, pero aínda no caso de que non sexa así valor extraordinariamente a bolsa, porque coa experiencia “xa poderei optar a traballar noutras empresas”.
Bolsas de un ano
Todos eles comezarán as súas prácticas o vindeiro un de outubro, con bolsas de seis meses prorrogables por un ano.
A contía da bolsa é de 800 euros para titulados universitarios e de 700 para titulados de FP, que serán financiados integramente pola Deputación, que tamén correrá cos gastos dos correspondentes recoñecementos médicos.
 EMPRESA
CONCELLO
AUTOMOCIONES CATOIRA S.L.
Poio
EBAM SALUD,S.L.
Poio
PORTAS HOSTELERÍA, SLU (EL MUNDO DE SEPO- CC A BARCA)
Poio
SEK ATLÁNTICO, S.L.
Poio
EMDESFOR 2002, S.L.
Barro
TC GROUP ATÁNTICO SL
Barro
FARMACIA ABRIL GOMEZ JOSE LUIS
Cotobade
DIACOPEVI, S.L.
Ponte-Caldelas
ANDRES MENDEZ GONZALEZ (BUFETE DE ABOGADOS)
Pontevedra
ARA NEGOCIOS S.L.
Pontevedra
ARA NEGOCIOS S.L.
Pontevedra
ASELP ECONOMISTAS SL
Pontevedra
ASELP ECONOMISTAS SL
Pontevedra
CACTUS DIGITAL SL
Pontevedra
CACTUS DIGITAL SL
Pontevedra
CALYMA CALIDAD, S.L.
Pontevedra
Carpintería metálica Mouriño y Barreiro sl
Pontevedra
CENEPO CONSULT,SLU
Pontevedra
CENTRO DE FISIOTERAPIA FISIOLEREZ C.B.
Pontevedra
CLINICA MAREQUE SL
Pontevedra
COLEGIO SAGRADO CORAZON DE JESUS
Pontevedra
COMERCIAL EXTINTORES GALICIA, SL
Pontevedra
D' RELAX
Pontevedra
DENTASUR S.L.
Pontevedra
DIGAFER, S.A.
Pontevedra
DOMCOR, S. L.
Pontevedra
EFLOX SOFTWARE, S.L.
Pontevedra
EMPRENDE FUTURO SL
Pontevedra
EMPRENDE FUTURO SL
Pontevedra
FAUNA CLINICA VETERINARIA SLP
Pontevedra
FORMAGAL FORMACIÓN Y SERVICOS S.L.
Pontevedra
GABINETE EMPRESARIAL DE PONTEVEDRA, S.L.
Pontevedra
GABINETE RIVAS,S.L.
Pontevedra
GALICONTROL, S.A
Pontevedra
GESCARPIN, S.L.
Pontevedra
GESPYME GALAICA S.L.
Pontevedra
GESTORIA FUENTES FERNANDEZ SL
Pontevedra
ICE IMAGINACIÓN, S.L.
Pontevedra
IDADES SL
Pontevedra
IDAE CONSULTORIA RRHH S.L.
Pontevedra
INVESTIMENTOS DO COTO, S.L.
Pontevedra
INVESTIMENTOS DO COTO, S.L.
Pontevedra
Jávega Sánchez S.L.
Pontevedra
JM CORUJO ASESORES S.L.
Pontevedra
JOSE LUIS GUILLERMO FERNANDEZ SEOANE (JOYERÍA FERSE)
Pontevedra
LABORATORIO DENTAL PONTEVEDRA S.L.
Pontevedra
Lois Carrera Abogados, S.L.P.
Pontevedra
MACE 4 ASESORES S.L.
Pontevedra
Manuel Otero Meis (TIENDA MUEBLES)
Pontevedra
MAPELNO S.A.
Pontevedra
MARIA TERESA GOMEZ MORGADE (ESTUDIO DE ARQUITECTURA)
Pontevedra
MAURO LOMBA MARTINEZ (arquitectura)
Pontevedra
MISSION 2002, S.L.
Pontevedra
MOLUSCOS RIAS GALLEGAS, S.A.
Pontevedra
MONTAJES Y SERVICIOS TECNICOS IMASON S.L.
Pontevedra
MUGATRA, S.L.U.
Pontevedra
OGANDO DURAN, SL
Pontevedra
PARRULOS, S.L.
Pontevedra
POLYDENT, S.L.
Pontevedra
PONTEASESORES 2012, S.L.
Pontevedra
PROFESIONAIS DA INNOVACION, XESTION EMPRESARIAL E FORMACION,S.L
Pontevedra
PSN EDUCACIÓN Y FUTURO SA
Pontevedra
Reformas y Serv. Integrales de la Edificación del NO, S.L.
Pontevedra
ROSALIA PUGA BARROS (TALENTO ESCUELA)
Pontevedra
SACENDI, S.L.
Pontevedra
Sánchez Abeigón S.L.
Pontevedra
SERVIZOS SOCIAIS A COMUNIDADE SL
Pontevedra
SIGA 98 SA
Pontevedra
SOLUCIONES CONCEPTUALES E INNOVACIÓN S.L.
Pontevedra
SOLUCIONES CONCEPTUALES E INNOVACIÓN S.L.
Pontevedra
SOREMAY BERGUER S.L.
Pontevedra
SULARRE, S.A
Pontevedra
VIAQUA, Gestión Integral de Aguas de Galicia S.A.U.
Pontevedra
VICTOR HERMO SANCHEZ (ESTUDIO DE ARQUITECTURA)
Pontevedra
ZONA DE NEGOCIOS PONTEVEDRA SL
Pontevedra
ZONA NORTE GESTIÓN DE SALUD s.l.
Pontevedra

No hay comentarios:

Publicar un comentario