Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 17 de septiembre de 2014

O ORAL ACTIVA UNHA APLICACIÓN QUE PERMITE CONSULTAR O DETALLE DE MÁIS DE MEDIO MILLÓN DE RECIBOS DOMICILIADOS



Como consecuencia da entrada en vigor da normativa SEPA, que limita a un máximo de 140 caracteres os datos incluídos na emisión de recibos

·        O obxectivo é facilitarlle aos contribuíntes toda a información relativa ás taxas e impostos que agora non pode ser incluída no documento de domiciliación
·        Preto do 50% dos recibos que xestiona o ORAL están domiciliados
O ORAL vén de activar un novo servizo na oficina virtual que permite aos contribuíntes consultar toda a información relativa aos seus recibos domiciliados.
Esta nova aplicación ponse en marcha a raíz da entrada en vigor da normativa da Zona Única de Pagos en Euros, coñecida polas súas siglas en inglés SEPA (Single Euro Payments Area).
Esta nova norma supón que as entidades que emiten recibos a través de entidades bancarias, como é o caso do ORAL, non poidan utilizar máis de 140 caracteres nos documentos de cobro (un 75% menos do espazo que tiñan antes da aplicación da SEPA), o que impide incluír moitos detalles que ata o de agora si aparecían nos recibos.
Co obxectivo de que toda esa información sexa accesible aos contribuíntes da forma máis rápida, sinxela e sen necesidade de documentos de autenticación, a páxina da Oficina Virtual do ORAL (http://oral.depo.es/) inclúe un enlace a Detalle de recibos domiciliados no que, co número de NIF e a referencia que figuran no adeudo bancario, o contribuínte poderá consultar e imprimir todos os detalles do seu recibo.
En total son uns 575.000 os recibos que poderán consultarse a través desta aplicación, xa que en 2013, o ORAL xestionou 574.169 recibos domiciliados, preto do 50% do total de documentos que tramita.
Esta fórmula súmase ás posibilidades xa existentes ata o de agora (como a consulta presencial ou vía telefónica nas oficinas do ORAL, o correo electrónico -información.oral@depo.es- ou a utilización do certificado dixital ou DNI electrónico) e ten a vantaxe de non requirir desprazamentos nin certificados dixitais, ademais de permitir obter unha resposta inmediata, sen necesidade de esperas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario