Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 25 de octubre de 2014

60 ALUMNOS COMEZARON ONTE O CURSO NA ESCOLA DE CANTEIROS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA



A deputada Ana Isabel Vázquez destacou o labor deste centro, un referente na formación de canteiros
A Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra abriu onte o curso 2014-2015 cun acto no que participou a deputada Ana Isabel Vázquez.
O novo curso iníciase con 60 alumnos que recibirán una ampla formación no traballo da pedra e en materias como escultura, canteiría, historia da arte e construción, restauración, modelado e debuxo artístico e técnico.
A Escola de Canteiros creouse en 1979 e leva formado a máis de mil canteiros e mestres canteiros, a mayoría deles traballando en diferentes puntos de Galicia e España e incluso no estranxeiro.
En Galicia hai preto de 60 talleres de pedra grandes ou medianos, constituidos e rexentados por alumnos da Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra, que ocupan laboralmente a preto de 250 traballadores.
Neste sentido, a deputada Ana Isabel Vázquez destacou o labor deste centro, único en toda España e que se ten convertido xa nunha referencia en Pontevedra e Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario