Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 22 de octubre de 2014

A ESCOLA DE ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL, EN COLABORACIÓN COA DEPUTACIÓN, PREVÉ INVESTIMENTOS NA PROVINCIA POR VALOR DE 6 MILLÓNS DE EUROS


As actividades que se desenvolverán concretarase en diferentes convenios de colaboración para o período 2015-2017
A Fundación Escola de Organización Industrial (EOI) prevé investimentos por valor de ata 6 millóns de euros na provincia de Pontevedra a través de diferentes programas, actividades e actuacións que se desenvolverán en colaboración coa Deputación de Pontevedra no período 2015-2017.
Así se recolle nun acordo asinado entre as dúas institucións e no que se recolle o compromiso da EOI de realizar os anteditos investimentos, no caso de que dispoña de fondos suficientes e de que poidan establecerse accións cofinanciadas con cargo aos Fondos de Desenvolvemento Rexional ou ao Fondo Social Europeo.
Os investimentos concretaranse por medio de convenios específicos entre a Deputación de Pontevedra e a EOI, similares aos que xa se veñen desenvolvendo na actualidade e que permitiron a celebración da bolsa de contratación turística Travel Book Experience, ou a organización de diferentes cursos para emprendedores.
De feito, o acordo entre a Administración provincial e a EOI subliña que as actividades que se desenvolvan na provincia irán orientadas a cumprir cos obxectivos do programa Europa 2020, que se na promoción do emprego; o incremento do investimento en I+D; as medidas de control do cambio climático e de sustentabbilidade enerxética; a mellora da educación e a loita contra a pobreza e a exclusión social.

No hay comentarios:

Publicar un comentario