Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 6 de octubre de 2014

AS UTE ELSAN-INBISA, ASCAN-GEASER-CIVISGLOBAL E FCC-CELTA PRIX OPTAN Á XESTIÓN DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECOLLIDA E TRTAMENTO DE LIXO




O prazo de presentación de ofertas pechouse ás 7 de tarde do venres

·       O obxectivo da Deputación é que o servizo estea plenamente operativo a comezos de 2015
Tres empresas optan á xestión do servizo provincial de recollida e tratamento de lixo, que a Deputación de Pontevedra agarda que estea plenamente operativo a comezos de 2015 para un total de 21 concellos da provincia.
Trátase de tres Unións Temporais de Empresas (UTE): Elsan-Ibisa, Ascan-GEaser-CivisGlobal e FCC-Celta Prix, todas elas cun amplo percorrido e recoñecida experiencia na xestión de servizos. O prazo de presentación de ofertas pechouse ás 7 da tarde de onte, pero non se pode dar por concluído ao 100% porque aínda podería chegar algunha proposta enviada por correo.
Ao longo da vindeira semana vaise proceder á apertura do Sobre A (documentación administrativa), estando previsto que o 15 de outubro se abra o sobre B (oferta técnica) para sometelo á valoración dun Comité de Expertos que estará integrado por 5 técnicos: tres da Administración Provincial e 2 alleos.
Unha vez que os técnicos analicen toda a documentación e elaboren o correspondente informe, procederase á apertura do Sobre C (oferta económica) para proceder á adxudicación do servizo.
Segundo se recolle nos pregos técnicos e no anteproxecto de explotación, o investimento estimado ao inicio da contrata ascende a uns 4 millóns de euros, dado que a empresa precisará renovar moitos vehículos, maquinaria e contedores.
Ao longo da concesión do servizo, que se fará por un prazo de 25 anos, o investimento superará os 16 millóns de euros.
O obxectivo da Deputación coa posta en marcha deste servizo é contribuír a resolver un dos problemas que na actualidade teñen moitos concellos da provincia, con serios problemas para o mantemento dun servizo que lles resulta moi custoso e deficitario.
Neste sentido, o servizo provincial pretende non só reducir custes por medio da optimización de recursos e rutas, senón tamén impulsar a reciclaxe e a redución de residuos con campañas de sensibilización e unha forte aposta pola compostaxe, tanto co reparto de 1.300 composteiros domésticos entre os veciños e veciñas dos concellos adheridos ao servizo, como coa creación dunha planta de compost en colaboración co Concello de Pontevedra.
21 concellos adheridos
O servizo botará a andar con 21 concellos, aos que está previsto que se vaian sumando outros ao longo dos vindeiros cinco anos.
Cos concellos integrados nestes momentos, confórmanse catro unidades de xestión: unha para a área de O Condado-Paradanta, integrada polos concellos de A Cañiza, O Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Pazos de Borbén e Salvaterra de Miño, con algo máis de 30.000 habitantes; outra para Deza-Tabeirós Terra de Montes, na que se integran A Estrada, Cerdedo, Silleda, Agolada, Dozón, Rodeiro, Vila de Cruces e estendéndose ata Cotobade e A Lama, cunha cobertura próxima ás 57.000 persoas; unha terceira unidade que englobaría a Barro, Valga e Ribadumia, para unha poboación de case 15.000 habitantes; e unha última con Gondomar e Mos, para máis de 29.000 persoas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario