Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 23 de octubre de 2014

BARRO CON 51.496 €.A XUNTA DESTINA MÁIS DE 1,1M€, UN 11% MÁIS,AOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE

 
▪ A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e odelegado territorial da Xunta en PontevedraJosé Manuel Cores Tourís, deron conta hoxe das axudas
▪ Na área territorial de Pontevedra, as axudas ascenden a preto de 761.370 euros, o que supón un incremento superior ao 12% con respecto á convocatoria do pasado ano
▪ Engloban a promoción da igualdade entre homes e mulleres, o fomento da conciliación e o apoio aos Centros de Información ás Mulleres
▪ Esta convocatoria priorizou os proxectos de xestión compartida, o que significa incremento de puntuación e incremento de subvención para os concellos que presentaran solicitudes conxuntas


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e delegado territorial da Xunta en PontevedraJosé Manuel Cores Tourís, deron conta hoxe en rolda de prensa da resolución da orde de axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, que este ano ascenden a 3,4 millóns de euros, un 4% máis con respecto ao ano pasado.

Na área territorial de Pontevedra, as axudas ascenden a preto de 761.370 euros, o que supón un incremento superior ao 12% con respecto á convocatoria do pasado ano. De feito, na provincia de Pontevedra, o orzamento global foi de 1.108.370 euros, é dicir, un 11% máisEsta liña de subvencións aos concellos, coma explicou López Abella, se distribúe en tres liñas de actuación, que son os programas de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero; o programa de fomento da conciliación e o programa de apoio aos centros de información ás mulleres (CIM).

Ademais, no que respecta ás axudas aos CIM, os municipios recibirán un pagamento anticipado do 80% do importe das axudas concedidas no momento no que se lles notifica a resolución.

López Abella destacou que a resolución destas axudas, publicada recentemente no DOG, reflicte a aposta do Goberno galego pola cooperación entre municipios e a prestación conxunta de servizos. Unha cooperación pola que a Xunta seguirá apostando, convencida de que redunda nunha maior eficiencia e en beneficio para os cidadáns.

Tres liñas de subvencións
As axudas para promoción da igualdade engloban tres programas de colaboración coas entidades locais: a promoción da igualdade entre homes e mulleres e prevención da violencia de xénero; o fomento da conciliación; e o apoio aos Centros de Información ás Mulleres.


1) O Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes está destinado a medidas como actividades de coeducación dirixidas á poboación infantil e xuvenil ou elaboración de plans municipais de igualdade de oportunidades. A liña de prevención e tratamento da violencia de xénero a accións de prevención deste problema e intervencións de carácter integral coas vítimas. Na provincia de Pontevedra, este programa recibe un total de 48.242,03 euros, dos cales 27.406,03 corresponde á área de Pontevedra. Dentro do programa de promoción da igualdade, os concellos que reciben maior subvención son O Grove, Pontevedra, Cuntis, Silleda, A Guarda e Poio.
E dentro do Programa de prevención da violencia de xénerodestacan, con maior subvención, os concellos de Marín (7.902,75 euros), A Guarda (3.690 euros) e Lalín (3.640 euros).

2) Pola súa banda, o programa destinado á conciliación subvenciona todas aquelas accións que os concellos adopten coa finalidade de facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras, como os bancos de tempo ou os plans de programación do tempo das cidades. Neste caso, os municipios da provincia recibirán 97.472,10 euros, dos cales corresponderán 58.000 aos concellos da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra. Cabe destacar, por exemplo, o programa do concello de Cuntis denominado Cuntilín (12.000 euros), e os campamentos de conciliación do concello de Marín (8.300 euros) así como a Escola de Verán da agrupación de concellos de Valga e Moraña (8.200 euros).

3) Por último, o programa dedicado aos CIM, ten por obxecto colaborar coas entidades locais no funcionamento destes centros, coa finalidade de garantir a prestación dun servizo de información ás mulleres e promoción da igualdade, que lles proporcione asesoramento xurídico e psicolóxico; información sobre recursos específicos para mulleres, así como o desenvolvemento de calquera outra actividade que teña como obxectivo prioritario a promoción da igualdade entre mulleres e homes. Este é o programa que recibe un maior volume de investimento para os concellos da provincia, cun total de 934.370,80 euros, dos cales 648.504,26 corresponderán á área territorial de PontevedraDestacan, con maior subvención o Concello de Lalín, con 56.000 €, que presentou a súa solicitude agrupada xunto con Agolada e Rodeiro e o Concello de Caldas de Reis, con 51.496 €, que presentou a súa solicitude agrupada xunto con Barros e Portas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario