Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 15 de octubre de 2014

BARRO RECIBE 68.377 € NO PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL DA XUNTA



A DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA EN PONTEVEDRA ACOLLE UNHA REUNIÓN INFORMATIVA COS 62 ALCALDES DA PROVINCIA SOBRE O PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL  

§         O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou a colaboración entre as catro administracións (Ministerio de Medio Ambiente, Xunta, Deputación de Pontevedra e concellos) para a posta en marcha de obras nas pistas rurais municipais cun investimento global de case 6 millóns de euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, mantiveron esta mañá unha reunión informativa cos alcaldes e técnicos dos 62 municipios da provincia, co fin de solventar as dúbidas sobre a tramitación das axudas do Plan Marco programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015.

Para desenvolver o plan, segundo explicou hoxe o director xeral, os criterios de reparto foron consensuados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Fegamp. De tal xeito que os concellos de Pontevedra recibirán arredor de 5 millóns para a ampliación, mellora e mantemento destas vías na provincia, (en concreto 4.885.847 euros) para a ampliación, mellora e mantemento de camiños de titularidade municipal na provincia, “aínda que co IVE que aportarán os concellos, o investimento na provincia será dun total de máis de 6 millóns de euros). Destes fondos, un total de 2.304.476 euros corresponden á anualidade de 2014 e os 2.581.371 euros restantes á anualidade de 2015.

Tal e como engadiu, pola súa banda, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, a nova cofinanciación do Plan Marco distribuirase de xeito que o 75% irá con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), o MAGRAMA aportará un 12,13% dos fondos e a Xunta e as deputacións provinciais o 12,87% restante. “Os concellos beneficiarios das achegas serán os encargados do pagamento do Imposto do Valor Engadido (IVE). Este reparto amosa a colaboración ordenada de todas as Administracións, baixo a coordinación da Xunta de Galicia”.

A vixencia destes convenios estenderase desde a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2015. De feito, o  Plan Marco 2014-2015 é continuación do de 2013-2014. O seu obxectivo principal é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais, poñendo en valor as dotacións existentes de infraestruturas básicas, e levar a cabo actuacións dirixidas a fomentar a implantación e mellora dos servizos básicos demandados pola poboación rural. 



O feito de que todos os concellos da nosa comunidade poidan dispor duns fondos preestablecidos para a mellora da súa rede viaria resulta fundamental despois dun inverno que provocou estragos nos camiños de titularidade municipal.

A través destes convenios, os concellos de Galicia beneficiaranse de máis de 25,5 millóns de euros para a ampliación, mellora e mantemento de camiños de titularidade municipal. Esta contía supón un incremento de máis do 82% respecto da do Plan Marco 2013-2014, que foi de preto de 14 millóns de euros.

Este incremento permitirá atender proxectos que melloren un maior número de camiños, o que repercute nunha mellora das condicións de vida dos residentes nas áreas rurais, poñendo en valor as dotacións existentes de infraestruturas básicas. Ademais, o Plan Marco 2014-2015, impulsado pola Consellería do Medio Rural e do Mar, inclúe como novidade que unha parte importante da cofinanciación será aportada polas deputacións provinciais. Deste xeito, abórdase o desenvolvemento rural dende unha perspectiva integral e refórzase a colaboración entre as administracións co obxectivo de pór en marcha actuacións que redunden na mellor prestación de servizos á poboación por parte dos concellos.

Os criterios de reparto para desenvolver o Plan Marco de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal 2014-2015 foron consensuados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Así, os concellos da provincia da Coruña recibirán máis de 8 millóns de euros, os de Lugo preto de 7 millóns, os de Ourense contarán con preto de 6 millóns de euros e os da provincia de Pontevedra con preto de 5 millóns de euros.

Na seguinte táboa figuran os datos de investimento por concellos da provincia de Pontevedra co IVE incluído:

CONCELLO
IMPORTE
Arbo
                      87.680 €
Barro
                      68.377 €
Baiona
                      70.097 €
Bueu
                      96.297 €

No hay comentarios:

Publicar un comentario