Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 1 de octubre de 2014

Buscan un exhibicionista en Barro que escandalizou unha peregrina inglesa



Unha peregrina de orixe inglesa levantou este martes a voz de alarma sobre a presenza dun exhibicionista noCamiño Portugués a Santiago ao seu paso polo Concello de Barro. A Garda Civil montou unha vixilancia, pero non conseguiu localizalo pola zona.
Os feitos aconteceron sobre as 13.00 horas. Unha muller que estaba a facer a ruta xacobea alertou ao Centro de Atención de Emerxencias de Galicia de que se cruzara no seu camiño unhome duns 40 anos vestido cunha gabardinaou unha peza similar e se exhibira ante ela e amosado os xenitais.
O 112 alertou a Garda Civil e unha patrulla do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) desprazouse ao lugar e entrevistouse coa peregrina. A muller relatoulles que o home seespiu ante ela e se masturbou, pero non chegou a achegarse nin a propasarse, de tal forma que o seu comportamento é exhibicionista, pero non reporta ningunha agresión sexual nin conduta de acoso.
Tras ter constancia do sucedido, os axentespercorreron os arredores do Camiño e do termo municipal de Barro, pero non lograron localizar o sospeitoso. Si contan cunha completa descrición física do individuo achegada pola peregrina de orixe inglesa, de modo que os feitos seguirán sendo investigados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario