Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 9 de octubre de 2014

LOUZÁN CONFIRMA CONTACTOS CON FROIZ E ASEGURA QUE OUTRAS TRES EMPRESAS AMOSARON INTERESE EN INSTALARSE EN BARRO-MEIS


O prazo para solicitar parcelas remata o 3 de novembro

O presidente da Deputación destaca “as condicións extraordinarias” que nestes momentos ofrece o polígono para a implantación de empresas
O presidente da Deputación, Rafael Louzán,confirmou hoxe contactos co grupo Froiz para a súa posible instalación no polígono industrial de Barro-Meis, aínda que recordou que a quen lle corresponde a decisión de asentar alí o seu centro loxístico é á propia empresa que ten presentar a proposta en tempo e forma”.
Neste sentido, lembrou que a Deputación ten en licitación a ocupación das parcelas de Barro-Meis cunhas “condiciónsextraordinarias para motivar e estimular ao ámbito empresarial”, dado que se establece un prezo de 105 euros por metro cadrado, a pagar en 15 anos.
As empresas poderán optar presentar as súas propostas de ocupación ata o 3 de novembro e, segundo asegurou Louzán, ademais de Froiz, outras tres empresas amosaron xa o seu interese en instalarse en Barro-Meis, “posiblemente o mellor parque empresarial do sur de Galicia pola súa ubicación estratéxica”.
Louzán amosouse convencido de que este “é otramo final para que Barro-Meis poida acadar una ocupación case completa”, dado que ás condicións favorables para a instalación de empresas se suma a próxima adxudicación da construción do viveiro “para que novos emprendedores poidan poñer en marcha aí a súa iniciativa empresarial”.
Trátase, concluíu, de dúas medidas que “van cambiar a cara dese polígono, que se vai reanimar e revitalizar a súa actividade comercial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario