Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 23 de octubre de 2014

LOUZÁN CONSIDERA DESEXABLE CERTA CELERIDADE Á HORA DE DECIDIR A UBICACIÓN DA PLANTA DE COMPOSTAXE



Subliña que esta iniciativa non debe usarse como “arma arroxadiza” porque é un asunto de interese xeral, que reducirá custes aos cidadáns

·       Subliña que, aínda que non é imprescindible, contar con ese dato faría máis doado o estudo de viabilidade
·       Lembra que a Deputación inclúe a compostaxe no seu servizo de recollida e tratamento de lixo, cun proxecto piloto de composteiros domésticos
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, amosou hoxe o seu desexo de acadar “a maior celeridade” á hora de decidir a localización da planta de compostaxe, dado que, aínda que non é algo urxente nin imprescindible, si faría máis doado o estudo de viabilidade que a Deputación de Pontevedra ten encargado á empresa Lagares Oca.
Louzán fixo estas declaracións en resposta a preguntas dos xornalistas nunha rolda de prensa no Pazo Provincial, onde lembrou que a Deputación e o Concello traballan man a man neste proxecto e é ao segundo ao que lle corresponde a decisión de onde se situará.
Así, insistiu en que este tema non debe ser utilizado como “arma política” porque “afecta ao interese xeral do cidadán, xa que lle reducirá custes e incidirá na mellora ambiental”.

Aínda que recoñeceu que é un asunto complexo e que require dunha tramitación longa, incidiu en que “este é o camiño” e a Deputación inclúe xa a aposta pola compostaxe no seu servizo provincial de recollida e tratamento de lixo, que nestes momentos está en trámite de adxudicación, e no que se incluirá a distribución de 1.300 composteiros domésticos nos concellos adheridos ao servizo.
Louzán recalcou a “conexión” existente entre o grupo de goberno do Concello de Pontevedra e a Deputación á hora de poñer en marcha a planta de compostaxe e incidiu en que a Administración Provincial deu cumprida resposta ás demandas de axilidade en todos os trámites dependentes dela, como a adxudicación do estudo de viabilidade, e que  “agora son eles os que nos teñen que dar a ubicación da planta”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario