Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 13 de octubre de 2014

O Día contra a Violencia de Xénero tendrá en Marín un recordo especial para Isabel Pérez e Mónica Lorenzo


Este luns día 13 de outubro reuniuse na Finca De Briz, en Marín, o Consello Municipal da Muller en convocatoria ordinaria para falar das achegas ao manifesto do día 25N elaborado na Mesa de Traballo contra a Violencia de Xénero así coma dos actos previstos para este Día Internacional e a designación das persoas ou institucións agasalladas na quinta edición dos Premios Lazo Violeta.
En relación a redacción do manifesto, fíxose especial fincapé nos datos estatísticos de vítimas mortais por violencia machista, nos que na  maioría dos casos non existía denuncia previa. Así mesmo, este ano  no manifesto farase unha mención especial a Isabel Pérez e Mónica Lorenzo, cruelmente asasinadas polas súas parellas.
Incidirase no traballo de sensibilización e concienciación como eixe de actuación para previr a violencia de xénero, no concepto de supervivencia naquelas mulleres que superaron o trauma e recuperaron as súas vidas e na visibilización das novas masculinidades, homes comprometidos que están en contra do maltrato contra as mulleres.
Outro punto a tratar foron os actos previstos para o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Traballarase cos centros educativos e coa cidadanía e o propio día terá lugar un acto institucional onde se entregarán os galardóns dos premios Lazo Violeta. Este ano organizarase unha obra de teatro titulada Tacóns na Corda, que propón un teatro comprometido para reflexionar sobre os nosos propios prexuízos a través da escenificación e a música.
Cabe destacar o curso produtivo da reunión onde as participantes chegaron a un consenso total, aportando de forma construtiva as súas achegas para loitar de forma contundente contra a lacra que supón a violencia contra as mulleres.

http://pontevedraviva.com/xeral/15163/dia-violencia-genero-marin-recuerdo-isabel-perez-monica-lorenzo-lazo-violeta/

No hay comentarios:

Publicar un comentario