Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 10 de octubre de 2014

Viña Moraima principia coa Misión Biológica a vinificación experimental da variedade "ratiño"


A cooperativa de Barro Viña Moraima comezou un novidoso proxecto de vinificación experimental, da caste autóctona galega recentemente identificada ratiño.
O pasado ano, a Misión Biolóxica de Galicia, dependente do CSIC e baixo a dirección de Carmen Martínez, rematou un interesante programa de catalogación de variedades de vide localizadas en Galicia e Asturias. Unha das sorpresas foi a identificación da ratiño.
Cando tiveron coñecemento desta nova, varios cooperativistas, sabedores da existencia de cepas desta variedade entre os seus viñedos, puxéronse en contacto co centro (situado en Salcedo, Pontevedra) para interesarse pola posibilidade de vinificar esta uva. Ao non estar incluída no catálogo oficial de variedades autorizadas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, principiáronse os trámites correspondentes a fin de conseguir a súa inclusión no listado; previa solicitude das pertinentes autorizacións á Xunta de Galicia.
Destas primeiras conversas, xurdiu unha vontade de colaboración por ámbalas dúas partes que culminou na realización deste proxecto.
AS CEPAS: UN TESOURO ENOLÓXICO
Desde Viña Moraima déuselle un pulo á procura de máis pés para acadar unha produción mínima significativa, e os socios encargáronse de identificar outras cepas de ratiño sobre o terreo e localizar aos seus propietarios. Trala frutífera procura, localizáronse na zona de Barro principalmente, unha decena de parcelas pertencentes a oito viticultores nas cales identificaron pequenos grupos de poucos exemplares desta caste.
Trátase de viñedos prefiloxéricos dos que algúns propietarios, vencellan a súa plantación coa construción das vivendas a carón, datadas no século XVIII.
A VENDIMA
Dada a adscrición de Viña Moraima á D.O. Rías Baixas, foi preciso solicitar consentimento previo e autorización para a mesma ao Consello Regulador desta Denominación de Orixen, para a admisión de uva dunha caste non amparada, sendo ámbolos dous concedidos coa esixencia de paralización do resto da vendima de albariño e caíño na que estaba inmersa a adega por esas datas.
O día 26 de setembro vendimáronse de xeito manual en caixas de 20 quilos (como é habitual nesta cooperativa barrense) obtendo 833 quilos de uva ratiño; sendo levantada acta polo Servizo de Control da Calidade Agroalimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar.
VINIFICACIÓN EXPERIMENTAL
Para o deseño da vinificación de ratiño, Cristina Yagüe e Roberto Taibo, enólogos de Viña Moraima, compararon a caracterización ampelográfica e especialmente a anatómica da variedade obtidos do estudo da Misión Biolóxica de Galicia, cos dunha especie ben coñecida por ela como é a albariño.
E importante salientar, que para respectar ao máximo as características naturais da variedade, a fermentación realizarase de xeito espontánea co lévedo autóctono presente na uva.
Pola súa banda, a Misión Biológica vai realizar unha caracterización aromática de mosto e viño a partires das mostras entregadas por esta adega, e é que desde este Centro, hai unha firme aposta pola aptitude enolóxica da variedade ratiño.
É por tanto, un ambicioso proxecto para a pequena cooperativa de Barro, que fai escasamente un mes presentou Moraima Caíño, a súa anterior achega a prol da posta en valor das castes autóctonas.

http://pontevedraviva.com/xeral/15058/vina-moraima-mision-biologica-vinificacion-experimental-variedad-ratino/


No hay comentarios:

Publicar un comentario