Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 19 de octubre de 2014

XUNTA E DEPUTACIÓN INVESTIRÁN 260.000 EUROS NA MELLORA DA SINALIZACIÓN TURÍSTICA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA



Asinarán un convenio para realizar un estudo da situación actual, así como o proxecto técnico e a execución dos traballos de renovación
A Deputación de Pontevedra e a Axencia de Turismo de Galicia, dependente da Xunta, investirán 260.000 euros na mellora da sinalización turística da provincia de Pontevedra.
Así se recolle nun convenio de colaboración que ambas as dúas administracións asinarán proximamente e que ten como obxectivo realizar un estudo en profundidade da situación actual da sinalización turísticas, así como a redacción do proxecto técnico e a execución dos traballos de renovación da sinaléctica turística.
A Xunta de Galicia achegará a estes traballos 100.000 euros, dos cales 80.000 proceden de Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Os 160.000 euros restantes achegaraos á Administración Provincial, que será tamén a responsable da execución dos traballos previstos no convenio.
Este é un paso máis na liña de colaboración que a Deputación de Pontevedra e a Axencia de Turismo de Galicia veñen mantendo co obxectivo de poñer en valor os recursos da provincia e afondar na consolidación e dinamización dun sector estratéxico como é o turismo.
Neste marco, xa se teñen executado diversas actuacións, como as orientadas a mellorar a accesibilidade en praias e espazos públicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario