Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 23 de noviembre de 2014

A DEPUTACIÓN APOSTA POLA CREACIÓN DUN GRAN CENTRO PROVINCIAL DE INVESTIGACIÓN NO EDIFICIO SAN FRANCISCO



Louzán informou de que mantivo 4 encontros co director xeral de Patrimonio para tratar da cesión do inmoble, antiga sede de Facenda

·       Os orzamentos de 2015 inclúen unha 1,5 millóns de euros para a rehabilitación dos edificios centrais do Museo
A Deputación de Pontevedra aposta pola recuperación e rehabilitación do Edificio San Francisco para convertelo nun gran centro de investigación “que reúna toda a realidade documental e histórica da provincia”.
Así o puxo de manifesto esta mañá en rolda de prensa o presidente da Administración Provincial, Rafael Louzán, que incidiu en que xa mantivo 4 encontros do director xeral de Patrimonio do Estado para abordar a posible cesión deste inmoble, antigo edificio de Facenda, á Deputación de Pontevedra para que poida recuperalo e destinalo a albergar os arquivos da propia administración provincial e do Museo de Pontevedra.
Louzán subliñou que se trata dunha proposta que xa foi presentada ao Goberno central e que o que se pretende é seguir avanzando na unificación de servizos e na recuperación e protección do patrimonio histórico-artístico.
Neste sentido, lembrou que a Deputación ten incluída unha partida de 1,5 millóns de euros nos orzamentos de 2015 para a rehabilitación dos edificios centrais do Museo que aínda non foron restaurados e que esta actuación estaría en certo modo vinculada á cesión ou non do citado edificio.
“En función de se nos dan ou non a cesión dese edificio –sinalou Louzán- o concepto da nosa redistribución de edificios sería outra, polo que estamos pedindo que exista celeridade a este respecto, porque levo máis de un ano falando coa Dirección Xeral de Patrimonio”.
Neste sentido, indicou que o servizo de Arquitectura da Deputación está elaborando un amplo proxecto arquitectónico e de usos dos edificios centrais do Museo “tendo en conta a posibilidade ou non de contar con ese edificio”.
Así, lembrou que se se levan a cabo as obras nos inmobles centrais do Museo sen contar con San Francisco, isto podería “hipotecar” unha “posible solución a este edificio” que, tal e como lembrou, cada día ten un maior deterioro.
O obxectivo, asegurou “é que un edificio público dos máis importantes que ten a cidade de Pontevedra e incluso toda a provincia, que non caia nun estado de semirruína como pode verse dentro de moi pouco tempo se seguimos con este nivel deterioro”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario