Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 14 de noviembre de 2014

A DEPUTACIÓN APROBA O PROXECTO PARA CONSTRUIR UN CENTRO DE SERVIZOS E APOIO EMPRESARIAL EN BARRO-MEIS POR 898.000 €



A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o proxecto para construir un Centro de Servizos e Apoio Empresarial no polígono industrial de Barro-Meis cun orzamento de 898.000 euros e un prazo de execución de oito meses.
Unha vez adxudicado o Viveiro de Empresas que acollerá no parque industrial a novos emprendedores e unha vez que o polígono acadou unha porcentaxe de ocupación do 50%, a Deputación de Pontevedra quere complementar o desenvolvemento urbanístico do parque cun Centro de Servizos e Apoio ás empresas instaladas que, ao tempo, proporcione novos espazos para a celebración de reunión, salas, auditorio, Servizo de restauración, cafetería e outros.
Según manifestou o presidente da institución provincial, Rafael Louzán, hoxe en rolda de prensa, este Centro estará operativo no primeiro semestre do vindeiro ano.


No hay comentarios:

Publicar un comentario