Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 27 de noviembre de 2014

Barro convértese o sábado na capital galega do motor


A Asociación Cultural Amigos da Fervenza da Barosa organiza para este sábado 29 de novembro o I Show Motor Barro.
Trátase dunha xornada de motor que reunirá a máis de 150 automóbiles nos eventos programados durante toda a xornada.
As actividades comezarán ás 11:00 horas no aparcadoiro da Barosa, onde se realizará unha concentración de 'motor racing' ata as 13:00 horas, na que participarán coches chegados dende distintos puntos de Galicia.
A mediodía o Restaurante Florita, en San Antoniño, celebrará unha comida de confraternización aberta ao público cun prezo de 10 euros.
Para a tarde quedará o prato forte da xornada. A partir das 18:00 horas na Costa do Carballal, Porráns, chegarán os participantes no VI Rallie de Clásicos do Albariño.
Á conclusión o Pazo da Crega acollerá unha festa de peche de xornada.

http://pontevedraviva.com/xeral/16232/barro-converte-sabado-capital-galega-motor/

No hay comentarios:

Publicar un comentario