Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 15 de noviembre de 2014

BARRO PARTICIPA. O PLAN DE RECOLLIDA DE ACEITES DE USO DOMÉSTICO DA DEPUTACIÓN RECOLLEU EN 17 CONCELLOS DA PROVINCIA 21.966 LITROS DE XANEIRO A AGOSTO DO 2014



Este ano adheríronse ao servizo 11 novos concellos, nos que se está procedendo a instalar os contedores
·       Dende o seu inicio en 2010, recolléronse 131.500 litros
·       A Estrada,  A Guarda,  A Illa, Poio e Pontevedra superaron os 2.000 litros recollidos
O Plan de recollida de aceites de uso doméstico -que a Deputación iniciou en 2010 en colaboración coa Asociación Española de Recollida, tratamento e reciclaxe de aceites e granxas (AERTA)- permitiu recoller desde xaneiro a agosto de 2014, un total de 21.966 litros nos contedores ubicados en 17 concellos da provincia adheridos ao plan.
Dende a súa posta en marcha, en 2010, a cantidade recollida ascendeu a 131.500 litros, e o ritmo de recollida é crecente, polo aumento progresivo de concellos adheridos.
Así, ademais dos 17 concellos que xa levan máis de un ano integrados no servizo, desde este verán son un total de 11 os novos municipios que se suman ao sistema. Así, no pasado verán asinaron os convenios para incorporarse a el, os concellos de Agolada, Barro, Campo Lameiro, A Cañiza, Fornelos, Pazos de Borbén, Soutomaior e Vilanova de Arousa, onde se están a colocar os correspondentes contedores para iniciar a recollida.
Ademais, nos próximos días tamén se comezarán a instalar noutros tres concellos: Sanxenxo, Crecente e Forcarei, co que a suma de concellos adheridos ao programa de recollida de aceites domésticos da Deputación elévase a 28.
Por concellos, a distribución dos litros recollidos no período xaneiro-agosto deste ano é a seguinte:
CONCELLO
LITROS
CONCELLO
LITROS
Catoira
268
Cerdedo
177
Cuntis
478
A Estrada
2.584
O Grove
1.833
A Guarda
2.065
A Illa
2.305
Meis
480
Moraña
470
Poio
2.068
Pontecaldelas
380
Pontevedra
5.260
O Rosal
1.055
Salceda
190
Silleda
1.515
Valga
298
Vila de Cruces
540


TOTAL
21.966
O aceite recollido é trasladado ao centro de tratamento de Begonte (Lugo), para convertelo en biocombustible e biodiésel.
Un fogar de 3 persoas consume entre 18 e 24 litros/ano 
O proxecto de recollida de aceites domésticos da Deputación de Pontevedra que, no seu día, foi pioneiro en Galicia, reduce a contaminación directa.
Segundo os técnicos, cada litro de aceite que se verte ao mar contamina 1.000 litros de auga mariña. Os técnicos indican que cada fogar de 3 persoas consume, de media, un volume entre 18 a 24 litros de aceite/ano. Na provincia de Pontevedra tíranse cada ano polo fregadeiro 5 millóns de litros de aceite doméstico usado.
A iniciativa da Deputación, ademais de solucionar un grave problema medioambiental, supón para os concellos un grande aforro no tratamento do aceite, e para os fogares e determinados colectivos de alto consumo (como grandes hoteis, restaurantes, etc.) é a solución dun problema que hoxe aínda está por regular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario