Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 18 de noviembre de 2014

Éxito de público na segunda edición da #BarroCervexaFest

A Asociación Cultural Amigos da Fervenza da Barosa pensa xa en organizar a terceira edición da #BarroCervexaFest tras o éxito obtido o domingo, que obrigou mesmo a pechar dúas horas máis tarde do inicialmente previsto.
O mal tempo non impediu a asistencia de público ao Pazo da Crega, en San Antoniño, onde acudiron dez produtores de cervexa artesanal de diferentes puntos de Galicia para dar a coñecer os seus produtos.
Tanto os produtores coma a organziación mostraron a súa satisfacción co desenvolvemento do evento, que pretenden converter como cita de referencia na Comunidade.
A falta de confirmar a data exacta, en primavera-verán de 2015 organizarase unha nova #BarroCervexaFest, aínda que a súa duración se verá ampliada ocupando unha fin de semana completa.
Nesta ocasión os produtores presentes foron: Saramagal (Barro), Menduiña (Cangas), Dama Alaricana (Allariz), De Lago (Vigo), Cervexa Nós (Mos), Galponbier (Vilanova de Arousa), Suevia (Vilagarcía), Cervexa Meiga (Poio) e Cervexa Áncora (Ourense), ademais da fábrica de Sidra Ribela (A Estrada).

http://pontevedraviva.com/xeral/16017/exito-participacion-segunda-edicion-barro-cervexa-fest/

No hay comentarios:

Publicar un comentario