Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 22 de noviembre de 2014

Moraima: Tratan de recuperar unha variedade de uva case desaparecida. Vídeo TVG


Pincha na imaxe para ver o vídeo:

http://www.crtvg.es/informativos/tratan-de-recuperar-unha-variedade-de-uva-case-desaparecida-936183

Unha adega e o Consello Superior de Investigacións Científicas colaboran para facer o primeiro viño coa variedade ratiño. Trátase dunha uva autóctona que se conservou grazas a uns poucos viticultores, fundamentalmente do concello de Barro. Investigadores e adegueiros cren que este cultivo ten moitas posibilidades para converterse nun futuro caldo de prestixio dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Nesta cuba dorme o primeiro ratiño, ao coidado técnico dunha adega moderna como é Viña Moraima e co coñecemento científico que aporta a Misión Biolóxica do CSIC.

"É unha variedade branca, moi interesante, de maduración temperá, tan boa como o albariño ou se cadra mellor, teremos que estudalo", avanza a científica.

"Pensamos que nos vai dar un viño moi aromático, con moita carga de froita; é a teoría, terémola que ver no viño que saia", explica o adegueiro.

O ratiño é unha uva autóctona que se conservou nas mans duns poucos colleiteiros, case todos do municipio de Barro. O CSIC tiña a descrición botánica e Moraima o interese en recuperala, como fan cos seus albariños e caíños de cepas vellas.

"Tradicionalmente era unha cepa e unha uva que melloraba o albariño, que lle daba un plus de calidade, e temos que agradecerlles a eses viticultores maiores que as mantiveron, que nolas descubriron e que nolas transmitiron", indica Rivas.

"Galicia é das zonas de Europa, case diría do mundo, que ten maior diversidade de variedade de vides", afirma Martínez.

Se todo vai ben, dentro duns catro anos o ratiño podería acadar o recoñecemento oficial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario