Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 8 de noviembre de 2014

O ORAL ANTICIPOU AOS CONCELLOS 60 MILLÓNS DE EUROS NO ANO DE 2013 E RECAUDOU 95 EN VOLUNTARIA E 15 EN EXECUTIVA



·       Atendeu 94.343 dúbidas dos contribuintes e emiteu un total de 1,9 millóns de recibos

·       Xestiona tributos e tasas de 59 entidades locais relativas a recadación, xestión catastral, inspección tributaria e sancións de tráfico

O Organismo de Recadación e Arbitrios Locais (ORAL) da Deputación de Pontevedra anticipou no ano 2013 máis de 60 millóns de euros aos 54 concellos adheridos ao Servizo e recaudou de padróns e liquidacións, un total de 95 millóns de euros en Voluntaria e de 15 en Executiva.
Os datos foron dados a conocer hoxe polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, no curso dunha rolda de prensa na que explicou que, según os datos de peche do periodo do ano pasado, o ORAL atendeu 94.343 dúbidas dos contribuintes plantexadas vía teléfonica (21.402), por email (983) ou de xeito presencial (71.958).
O ORAL xestiona os tributos e tasas de 59 entidades (54 concellos, 2 mancomunidades, 2 consorcios e unha entidade local menor). Esa xestión abarca as recadacións voluntarias e en executiva de 59 entidades locais, a xestión catastral de 45, a inspección tributaria de 54 e as sancións de tráfico de 22 entidades locais.
No devandito periodo do ano pasado, o organismo da Deputación de Pontevedra emiteu un total de 1,9 millóns de recibos (1,3 de Voluntaria e 600.000 de Executiva).

No hay comentarios:

Publicar un comentario