Unha muller caeu co coche por un terraplén de quince metros en Barro. VIDEO TVG. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 17 de noviembre de 2014

Unha muller caeu co coche por un terraplén de quince metros en Barro. VIDEO TVG.

Pincha na imaxe para ver o vídeo:



Non é este o único accidente do que lles falamos. Esta madrugada unha muller saía da vía co seu vehículo no concello pontevedrés de Barro. Por sorte, a condutora só tivo feridas de pequena importancia. Aconteceu pouco antes das seis da mañá á altura do lugar de Curro. A muller, duns trinta anos, e que viaxaba soa en dirección Vilagarcía, foise da calzada e caeu co coche por un terraplén duns quince metros de altura. Os axentes de tráfico tardaron máis dunha hora en localizala, xa que estaba desorientada e moi nerviosa. Tiveron que empregar unha padiola de rescate para sacala do vehículo. A matogueira freou o vehículo e a accidentada saíu ilesa. Con todo, nun primeiro momento foi trasladada a un hospital.

No hay comentarios:

Publicar un comentario