Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 1 de diciembre de 2014

A Deputación destina 20.621,62 euros para a dotación de mobiliario ao edificio de usos múltiples de Barro.



En Cuntis investirá 80.000 euros na mellora de instalacións deportivas
·       A mellora da iluminación pública na PO-551 ao seu paso por Marín contará cunha achega de 40.000 euros
·       Cotobade recibirá 145.000 euros para melloras no Edificio Multiusos, a sala de actividades do Concello e o pavillón de Tenorio
·       Vilaboa percibirá preto de 70.000 euros para obras en viais
A Deputación de Pontevedra destina 400.000 euros a diferentes actuacións nos concellos de Vilaboa, Cotobade, Campo Lameiro, Barro, Marín e Cuntis, no marco do Plan de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais.
Nos 4 concellos da comarca investiranse máis de 280.000 euros. Así, Vilaboa percibirá 20.328 euros para a adquisición de 8 marquesinas que se instalarán na estrada nacional N-554.
Outros 46.076,62 euros permitirán financiar as obras de mellora da pista municipal de Pousada, incluíndo a renovación do asfaltado da mesma para corrixir o notable deterioro que presentaba a súa capa de rodaxe.
Pola súa banda, as obras do novo salón de actividades da Casa do Concello de Cotobade contarán cun financiamento de 63.197,40 euros da Deputación, que tamén investirá 59.644,42 euros na ampliación dos vestiarios e na dotación de novas bancadas ao pavillón de deportes de Tenorio e outros 22.528,99 euros na construción dunha sala de caldeiras no Edificio Multiusos do concello.
O concello de Campo Lameiro disporá tamén de 46.095,63 euros para seguir completando a mellora da súa rede viaria municipal. Esta achega permitirá financiar actuacións de bacheado, mellora da drenaxe e renovación do firme de diversos viais que, ao deterioro producido polo paso do tempo e o tránsito de vehículos, sumaron en moitos casos danos ocasionados polo mal tempo do pasado inverno.
Finalmente, no concello de Barro investiranse 20.621,62 euros para a dotación de mobiliario ao edificio de usos múltiples deste concello.
Eficiencia enerxética en Marín
No que respecta ao concello de Marín, a Deputación de Pontevedra aprobou unha achega de 40.593,20 euros para a mellora do alumeado público na estrada PO-551, ao seu paso por este termo municipal.
As obras teñen como obxectivo mellorar o alumeado público desde a saída da rotonda da variante de Marín, instalando 40 puntos de luminaria leds.

Infraestruturas Deportivas en Cuntis
Finalmente, no concello de Cuntis a Deputación investirá 79.150,06 euros en traballos de mellora de instalacións deportivas. Así, prevense 50.432,80 euros para o financiamento das obras de mellora da renovación da cuberta do Pavillón Municipal de Deportes, que presenta goteiras e un considerable deterioro.
Outros 28.717,26 euros destinaranse á adquisición de diverso equipamento para o campo de fútbol de A Ran, remodelado pola Deputación de Pontevedra para dotalo de herba artificial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario