Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 13 de diciembre de 2014

En Barro, 1. MÁIS DUN CENTO DE PRODUTORES HORTÍCOLAS E DE FLORES ACÓLLENSE ÁS AXUDAS DA DEPUTACIÓN PARA CULTIVOS BAIXO ABRIGO


A comarca de O Salnés concentra o maior número de beneficiarios, cun total de 74 produtores, seguidos do Baixo Miño con 19
·       Recibirán un total de 300.000 euros para a renovación ou reparación de plásticos e estruturas dos invernadoiros
Un total de 105 agricultores dedicados á produción hortícola e florícola beneficiaranse das axudas que a Deputación de Pontevedra ven de aprobar para cultivos baixo abrigo da provincia.
As axudas van destinadas á adquisición, reposición e colocación de plásticos nas cubertas dos invernadoiros e á reparación e mantemento das estruturas metálicas dos invernadoiros (piares, arcos, crucetas, canelóns…) que debido ás condicións climáticas adversas e ó paso do tempo se deterioran ou degradan.
A contía pode chegar ao 50% do investimento necesario, cunha cantidade máxima de 3.000 euros.
Os beneficiarios son horticultores asociados (Cooperativas, SAT, etc.) ou ben  hortofloricultores que, a título individual, destinan ao cultivo de produtos de horta e flor en invernadoiro cunha superficie mínima de 500 metros cadrados.
Tendo en conta que a comarca do Salnés e o Baixo Miño concentran boa parte da produción hortoflorícola da provincia, a maioría dos beneficiarios das axudas concedidas están radicados nesta área e, especialmente, no concello de Cambados, cun total de 35 produtores acollidos a estas axudas.
Vilanova de Arousa con 14 beneficiarios, O Rosal con 12, Ribadumia con 11 e Meis con 10, séguenlle en número de produtores acollidos a estas axudas.
Ademais, tamén recibirán subvención produtores do concello de Barro (1), Caldas de Reis (1), A Estrada (2), A Guarda (1), Mondariz (2), Moraña (1), As Neves (1), Oia (1), Portas (4), Tomiño (5) e Vilagarcía (4).

No hay comentarios:

Publicar un comentario