Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 12 de enero de 2015

864 XOVES TITULADOS OPTAN A 200 BOLSAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL PARA CONCELLOS E CENTROS DA DEPUTACIÓN



·       O prazo rematou _a falta de chegada de solicitudes por correo, etc._ con 1.290 preinscripcións de becarios na páxina web.
·       A día de hoxe non hai solicitudes suficientes para cubrir as becas ofertadas en seis titulacións.
·       O calendario previsto establece que os becarios seleccionados estarán traballando o 1 de abril.

Un total de 864 solicitudes de xoves titulados para optar a 200 bolsas do Plan de Práctica Laboral para concellos e centros da Deputación foron realizadas, a día de hoxe _data en que remata o prazo_ no Rexistro Xeral da Deputación. A esa cifra haberá que sumar as solicitudes que cheguen por correo ordinario nos vindeiros días.
A data de hoxe, o número de preinscripcións de becarios na páxina web da Deputación é de 1.290.
O plan concederá 200 bolsas, das cales o 80% irá destinada a concellos e o 20% restante á administración provincial. As  bolsas van destinadas a titulados universitarios e de ciclos superiores.
Solicitudes por titulacións e concellos
Os mozos e mozas interesados en acceder a este plan terán que ter obtido a súa titulación con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007, estar inscritos no Servizo Público de Emprego da provincia de Pontevedra e estar empadroado nun concello da provincia con anterioridade ao 1 de xuño de 2014. Ademais, será preciso non ter experiencia previa na profesión na que van realizar as prácticas.
Nun documento anexo adxunto, achégase o desglose de solicitudes por titulacións e concellos de procedencia.
Seis titulacións, sin solicitudes para cubrir becas ofertadas
Cos datos a día de hoxe, non hai solicitudes suficientes para cubrir as becas ofertadas nas seguintes seis titulacións: Ciclo superior en animación sociocultural e turística; Diplomatura en Biblioteconomía e Documentación; Enxenería Técnica en Informática de Xestión; Enxenería, Grao en Informática; Licenciatura, Grao en Historia da arte especialidade en Arqueoloxía; Diplomatura, grao en Turismo.
Tal e como recollen as bases do programa, as bolsas terán unha duración de seis meses prorrogables por outros seis, de forma que os bolseiros poderán permanecer no centro de traballo que lles corresponda por  un ano. As bolsas serán de 700 euros no caso dos titulados de ciclo superior e de 800 euros para universitarios.
O calendario de previsións do proceso por parte da Deputación son que o 25-26 xaneiro estean efectuadas as baremacións para poder publicar nesas datas as listas provisionais; logo abriráse un prazo de 5 días para reclamar; publicaránse as listas definitivas; a finais de febreiro ou principios de marzo serán as convocatorias de entrevistas; e, finalmente, os seleccionados elexirán destiño de tal xeito que o vindeiro 1 de abril estean traballando no centro elexido.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario