Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 21 de enero de 2015

A DELEGACIÓN DA XUNTA EN PONTEVEDRA FACILITARÁ INFORMACIÓN E ASISTENCIA AOS PENSIONISTAS RETORNADOS PARA SOLICITAR A DEVOLUCIÓN DAS SANCIÓNS, RECARGOS E XUROS DE DEMORA




§      A Axencia Tributaria de Galicia dispón de persoal especializado para atender a este colectivo no resto das delegacións e nos servizos centrais
§      Dende o pasado 1 de xaneiro, pódese presentar a solicitude nas oficinas da Agencia Tributaria do Estado (AEAT) ou da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)
§      O formulario tamén se pode presentar a través das páxinas web da AEAT (www.aeat.es) e da ATRIGA (www.atriga.es)

A Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, segundo recordou hoxe o delegado territorial, José Manuel Cores Tourís, conta con persoal especializado, a través dun axenta da Axencia Tributaria de Galicia para facilitar información e asistencia aos pensionistas retornados para cumprimentar as solicitudes de condonación e a devolución das sancións, os recargos e os xuros de demora que foron pagados por este colectivo

O funcionario está situado, segundo explicou o delegado territorial, no terceiro andar do edificio administrativo de Campolongo, na cidade do Lérez.

Ademais, o organismo tributario da Xunta dispón dunha persoa no resto de delegacións da Xunta e nos servizos centrais para axudar aos pensionistas retornados neste procedemento. A Consellería de Facenda lembra que este colectivo pode presentar o formulario de devolución dende o pasado 1 de xaneiro.

Así, os pensionistas retornados poden presentar a súa solicitude nas dependencias da Agencia Tributaria do Estado (AEAT) ou nas delegacións da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA). Este formulario tamén se pode presentar a través das páxinas web da AEAT (www.aeat.es) e da ATRIGA (www.atriga.es).

Segundo explicou Cores Tourís, os pensionistas retornados “poden deste xeito cumprimentar o formulario de solicitude consignando os datos persoais; os anos correspondentes á débeda que orixinou as sancións, os recargos e os xuros de demora; e o número de conta bancaria para efectuar a devolución das cantidades abonadas”.

A Xunta de Galicia ten ofrecido colaboración á AEAT para axudar aos pensionistas retornados neste procedemento. Ademais, aínda que se trata dun formulario sinxelo, a Axencia Tributaria de Galicia ten habilitado tamén un teléfono de información (881.995.284) para facilitar información sobre o proceso de devolución de sancións, recargos e xuros de demora a este colectivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario