Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 17 de enero de 2015

A DEPUTACIÓN ADXUDICOU 860 PRAZAS DA 2ª CAMPAÑA DO PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS, COIDARTE 2014



A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra adxudicou na súa xunta de goberno 860 prazas da segunda campaña do programa diurno de Balnearios, Coidarte 2014.
Según informou o presidente Louzán recibironse 990 solicitudes polo que hai lista de espera pois había 860 prazas previstas. As saidas serán en febreiro e marzo. Na 1ª campaña, participaran 1.733 personas.
Coidarte é un programa de Termalismo Social dirixido a maiores de 50 anos, xubilados, pensionistas ou personas de respiro familiar. A Deputación subvencionou para este programa 35€ por persona e os concellos adheridos achegan 10€
Novidades para o ano 2015
Os beneficiarios van 2 horas diarias durante 5 tardes seguidas aos balnearios de Termas de Cuntis, A Toxa (Hesperia), Mondariz (Palacio da Auga), Oia (Talaso Atlántico), Moaña (Talaso Spa), O Grove (Norat Marina) e Lalín (Torre do Deza).
Para a edición de Coidarte do ano 2015, a Deputación destinou 105.000 € cunha oferta inicial de 2.625 prazas. Para o 2015, a Deputación incrementa a súa achega por praza, que pasa dos 35 € aos 40 € que subvencionará en 2015. Os concellos que se adhiran achegarán 10 €, polo que o usuarios verá reducido o prezo da estadía en 50 €.
5.625 prazas ofertadas
Este programa ven a sumarse ao Saúde e Benestar, aprobado en decembro e que ten os mesmos destinatarios e iguais obxectivos, coa salvidade de que neste caso a estadía no balneario é en pensión completa durante 6s días e 5 noites. Entre os dous programas ofértanse 5.625 prazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario