Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 1 de enero de 2015

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DESTINA 365.000 EUROS PARA AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA SOCIAL NOS CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES



A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe destinar 365.000 euros para axudas básicas de Emerxencia en concellos de menos de 20.000 habitantes.
As axudas xorden co obxecto de lles proporcionar ós concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico, de maneira excepcional e extraordinaria, para poderen atender as demandas de urxente e puntual necesidade dos cidadáns do concello que se atopen en situación ou risco de exclusión social, con especial atención a aquelas persoas con menores ó seu cargo que estean nesa situación.

Cuantía e beneficiarios
Nas bases hoxe aprobadas, establécese unha contía máxima dispoñible para cada concello da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes, en función da poboación e da porcentaxe de desemprego en relación ó total da súa poboación, respectando as cantidades subvencionadas na convocatoria do ano anterior.

As persoas usuarias beneficiarias das axudas básicas de emerxencia serán persoas maiores de idade empadroadas en calquera dos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra, que xestionen a súa demanda a través dos servizos sociais comunitarios municipais do seu concello e que carezan de ingresos suficientes para lles facer fronte ós gastos polos que se solicita a axuda. Daráselle prioridade a cubrir as necesidades de familias con menores ó seu cargo que se atopen en situación de exclusión social ou en risco de estalo.

Alimentación, Farmacia, Vivenda, infancia....
As axudas son para Alimentación (compra de alimentos, con especial atención á adquisición dos perecedoiros como complemento ás achegas de entidades de iniciativa social así como de alimentos para bebés ou persoas con dietas especiais debido a restricións alimenticias prescritas por un facultativo (celíacos, diabéticos, etc.). E tamén para uso da vivenda (destinadas a posibilitar que se continúe na vivenda habitual; e para o pagamento de débedas de alugueiro que impidan o desafiuzamento, para o pago da hipoteca, de maneira excepcional, cando a contía dunha das cotas sexa inferior a 450 € e a débeda non sexa maior de seis cotas; para pago de recibos que eviten a perda de subministracións básicas da vivenda e paliar situacións de empobrecemento enerxético: recibo de electricidade, gas, gasóleo ou auga; para pago de produtos de hixiene e limpeza (destinados á compra de produtos básicos de uso común para a limpeza da vivenda (lixivia, líquido lavalouza e outros) así como de produtos de aseo persoal (xabón, desodorizante, produtos de hixiene feminina, etc.).; para pago de farmacia; adquisición de electrodomésticos básicos; e incluso pago de desprazamentos a recursos asistenciais ou sanitarios fóra do propio concello cando sexan debidos a tratamentos, xestións ou actividades que non poidan ser levadas a cabo dentro deste. As axudas poden ser tamén para apoio á infancia

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Estas axudas aboaránselles directamente ós concellos logo da súa aprobación en nta de Goberno. Procederase ó pagamento anticipado do 50 % da axuda provincial logo de comprobar de oficio que a entidade receptora cumpre coas obrigas tributarias coa Deputación de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario