Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 18 de enero de 2015

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PUXO EN MARCHA O MÓDULO DE FACTURA ELECTRÓNICA





 
A Deputación de Pontevedra puxo en marcha a Sede Electrónica da Deputación que inclúe o módulo de factura electrónica, según informou hoxe en rolda de prensa o presidente, Rafael Louzán.
Dende onte tamén, a Administración Xeral do Estado xestiona as facturas electrónicas a través dunha plataforma Xeral para os concellos, conocida como FACe. O módulo da Deputación permite as empresas presentar as súas facturas telemáticamente para importes superiores a 5.000 euros.
Para usar este servizo de factura electrónica, as empresas sólo necesitan un ordenador con conexión a Internet e un certificado dixital ou DNI electrónico para poder identificarse.
O novo servizo permitirá a introducción de facturas de dúas formas diferentes: introducindo manualmente os datos da factura a través de un formulario; ou adxuntando unha factura en formato factura-e 3.2 (electrónica).
A posta en marcha do servizo é un paso máis da Deputación de Pontevedra hacia a Administración Electrónica e hacia a prestación de servizos telemáticos fomentando a eliminación do papel nos procedimentos administrativos.
Ventaxas para os concellos e cidadáns
O módulo posto en marcha pola Deputación tén a ventaxa para os concellos, frente á plataforma do Ministerio, que se integra coa plataforma de Xestión de Expedientes eDepo, o que permite que as facturas enviadas se registren automáticamente e se tramiten e contabilicen sin necesidade de mecanizar os datos da propia factura, conseguindo así dispoñer dun procedimento íntegramente electrónico.
Outra das ventaxas do módulo da Deputación é que reduce a carga de traballo nos Rexistros e nos Servizos da Deputación xa que non terán que introducir manualmente os datos das facturas. O sistema conseguirá unha notable reducción da carga administrativa e, por conseguinte, do tempo de tramitación e pago das facturas
Louzán explicou que estas ventaxas reafirman ao goberno provincial no uso das Novas Tecnoloxías como medio para mellorar a eficiencia, eficacia e reducción de costes  da Administración. Neste sentido, lembrou que, a través do CPAE, os técnicos provinciais están ofrecendo charlas e cursillos a empresas, pymes e autónomos en diversas localidades da provincia para formalos e explicarlles os novos procedimentos telemáticos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario