Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 21 de enero de 2015

A DEPUTACIÓN PON EN MARCHA CURSOS PARA 40 DESEMPREGADOS DE FORMACIÓN PRÁCTICA PARA A INSERCIÓN LABORAL




       









·     As prácticas serán de 300 horas en empresas de atención social, ocio e tempo libre e servizos de limpeza.
·       No tempo de duración delas, poderá concederse unha beca en concepto de axuda á formación
A Deputación de Pontevedra anuncia a posta en marcha da formación práctica para a inserción laboral promovida polo proxecto aQuelando3, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través do Ministerio de Hacienda e Administración Pública.
O obxectivo desta modalidade formativa é dar unha oportunidade as persoas desempregadas, que xa teñan formación ocupacional axeitada, poñéndoas en contacto co mercado laboral a través da realización de prácticas non laborais.
As prácticas non laborais realizaranse nas especialidades formativas de: Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, Dinamización de actividades do tempo libre infantil e xuvenil e Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais.
Realizaranse 300 horas de prácticas en entidades e empresas adicadas ao traballo de: atención a persoas maiores e/ou persoas con discapacidade, desenvolvemento de actividades de ocio e tempo libre, ase como as adicadas a realización de servizos de limpeza.
Será necesario ademais a realización de 20 horas de formación transversal, na modalidade a distancia, en: Igualdade de oportunidades, Novas tecnoloxías da información, Medioambiente e Fomento da non discriminación e loita contra a exclusión.
Beca, condicións e inscrición
Na realización das prácticas poderá concederse unha beca para axuda á formación. A participación é gratis e quénes realicen prácticas integraranse nas accións de aQuelando3 sendo informadas e orientadas para promover a súa integración no mercado laboral.
Esta formación vai dirixida a persoas desempregadas e empadroadas na provincia, a excepción das persoas empadroadas nos concellos de Vigo e Pontevedra, por ter estes concellos proxectos propios. O número de persoas que poden participar é de 40.
Para participar é preciso ter formación regrada ou ocupacional, mínimo 200 horas teóricas relacionadas co sector para a especialidade de Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e 300 horas teóricas para o resto das especialidades formativas.
As persoas interesadas que cumpran cos requisitos pasarán por un proceso de selección realizado polo persoal técnico do proxecto aQuelando3. As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través da páxina web; www. aQuelando3.depo.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario