Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 19 de enero de 2015

A REDE PÚBLICA DE ALBERGUES DO CAMIÑO PORTUGUÉS ACOLLEU EN 2014 UN TOTAL DE 48.230 pernoitas



§           Esta cifra supuxo un incremento do 1,94% en comparación coas rexistradas no ano 2013
§           A rede pública de albergues da Xunta de Galicia abarca no Camiño Portugués 10 aloxamentos públicos que ofrecen aos peregrinos un total de 441 prazas
§           O pasado ano recolleron a Compostela un total de 35.491 peregrinos procedentes do Camiño Portugués, un 20,1% mais que no ano 2013
§           Turismo de Galicia promoveu a constitución dunha mesa de traballo permanente do Camiño Portugués para a potenciación desta ruta e o traballo coordinado entre as administracións locais, provincial e autonómica

A rede pública de albergues do Camiño Portugués, xestionada por Turismo de Galicia a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, experimentou no pasado ano 2014 un incremento no seu número de pernoitas.

En total rexistráronse nos albergues do Camiño Portugués 48.230 pernoitas no pasado ano, o que supuxo un incremento do 1,94% en comparación coas rexistradas no ano 2013.

As rutas que experimentaron un maior crecemento no que a número de pernoitas se refire o pasado ano xunto ao Camiño Portugués foron o Camiño Inglés –cun incremento do 61,08%- e o Camiño Norte –cun incremento do 5,68%-.

A rede pública de albergues da Xunta de Galicia abarca no Camiño Portugués 10 aloxamentos públicos que ofrecen aos peregrinos un total de 441 prazas.

O número de peregrinos que realizan o Camiño Portugués tamén aumentou no 2014. Así durante o pasado ano recolleron a Compostela un total de 35.491 peregrinos procedentes do Camiño Portugués, un 20,1% máis que no ano 2013.

O Camiño Portugués é un dos produtos estrelas que reforzan a unión de Galicia e o Norte de Portugal ao constituír un trazado que transcorre entre os dous territorios ata a súa culminación en Santiago de Compostela.

Así, Turismo de Galicia aposta firmemente por esta ruta e traballa a prol da súa revitalización, conservación e dinamización desta ruta.

Mesa de traballo permanente do Camiño Portugués
Nesta liña, Turismo de Galicia promoveu a constitución dunha mesa de traballo permanente do Camiño Portugués a prol da potenciación desta ruta e o traballo coordinado entre as administracións locais, provincial e autonómica.

Deste xeito a mesa, constituída por Turismo de Galicia, a Deputación de Pontevedra, Patrimonio, a Fundación do Camiño Portugués a Santiago e os concellos do Camiño Portugués -Tui, Porriño, Mos, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures-, promove iniciativas para a consolidación e posta en valor do trazado da ruta ao seu paso pola provincia de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario