Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 12 de enero de 2015

Fervenza da Barosa mantén activa ata 23 de xaneiro a recollida de alimentos para familias de Barro


Asociación Cultural Amigos da Fervenza da Barosa aínda non dá por pechada a campaña 'Nadal Solidario en Barro', posta en marcha durante o mes de decembro.
Esta iniciativa, que chega á súa terceira edición, seguirá recollendo alimentos non perecedoiros para as familias necesitadas do municipio ata o día 23 de xaneiro.
O obxectivo pasa por superar os 500 quilos de alimentos recadados o pasado ano, e para iso mantéñense habilitados diversos puntos de entrega: os supermercados Día e San Antoniño en Perdecanai, o Froiz de Curro, as igrexas parroquiais de Perdecanai, Valiñas, Agudelo, Portela e Curro, o centro de saúde, o colexio público Amor Ruibal, IES Público de Barro e locais como Casa Oubiña, a de Maruja, a de Rial e Café-Bar Lareira.
Todos os alimetos que se recollan serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro.
Como acción de remate da campaña, o dís 23 Fervenza da Barosa organizará un desfile benéfico.

http://pontevedraviva.com/xeral/17164/fervenza-barosa-manten-activa-ata-23-xaneiro-recollida-solidaria-alimentos/

No hay comentarios:

Publicar un comentario