Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 17 de enero de 2015

O CENTRO DE ACOLLIDA DE ANIMAIS ABANDONADOS DE ARMENTEIRA (CAAN) REALIZOU 4.000 INTERVENCIÓNS NOS 49 CONCELLOS ADHERIDOS DENDE A SÚA APERTURA EN ABRIL DE 2013



O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, informou hoxe en rolda de prensa que, dende abril do 2013 (data de inicio da súa actividade) o Centro de Acollida de Animais Abandonados (CAAN) da Deputación de Pontevedra en Armenteira realizou 4.000 intervencións nos 50 concellos adheridos.

Por comarcas, O Salnés tivo 966 intervencións; Vigo con 848; a comarca de Pontevedra, 373 intervencións; a do Deza 359 intervencións; a de Caldas, 353; a de Tabeirós-Montes, 272; a do Condado, 267; no Baixo Miño 243; en Paradanta 218; e no Morrazo (solo Marín) 125.

600 adopcións
Neste periodo de tempo, o CAAN tramitou máis de 600 adopcións.  Outros 500 cans están no Centro e agardan atopar un novo fogar moi pronto.
A aposta do CAAN pola adopción dos animais recollidos foi patente dende un principio, subvencionando os custos da adopción para todos os interesados que demostraron a súa conduta responsable, priorizando esta opción fronte a outras. A maiores desenvolveronse campañas de sensibilización para o fomento da adopción e para a prevención do abandono. Dende o inicio da última campaña E ti, de quén ves sendo, no mes de novembro de 2014, a porcentaxe de adopcións supera a de unha diaria.

A adopción non supón ningún custe para o interesado, premiando así a decisión de adoptar fronte a de comprar un animal. Os animais entregados aos seus novos propietarios desparasitados, vacinados e identificados. 

Chamamento de Louzán
A gravidade do problema do abandono dos animais dedúcese das máis de 4.000 intervencións que, nos case 2 anos de funcionamento realizou o CAAN. O que supón que os operarios do centro xestionado pola empresa pública Tragsa acudiron a chamadas alertando de cans abandonados practicamente seis veces ó día.
Louzán fixo un chamamento de solidaridade e responsabilidade á sociedade para que se implique nas doazóns de animais a familias e revelou que varios alcaldes remitiron á Deputación cartas de felicitación polo bó Servizo que presta o CAAN aos concellos solucionándolles un grave problema que, ata o de agora, non podían solucionar.
Na súa comparecencia, informou tamén que a páxina web www.caan.depo.es recibiu 18.000 visitas e dixo que, a través dela, ou no teléfono 986 140 360 informan das adopcións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario