OMIX de Barro: Elección dos Cursos Activate 2015 en Barro - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 15 de enero de 2015

OMIX de Barro: Elección dos Cursos Activate 2015 en Barro




A Deputación Provincial de Pontevedra, publicou o seu catálogo de cursos formativos do programa ACTIVATE 2015:

38 cursos relacionados coas:

-      NOVAS TECNOLOXÍAS
-      AGRICULTURA
-      ARTESANÍA EN PAPEL, COIRO, VIDRO E OUTROS MATERIAIS
-      ACTIVIDADES ARTÍSTICAS
-      REPARACIÓNS DOMÉSTICAS E BRICOLAXE NO FOGAR
-      RECICLAXE E BRICOLAXE ECOLÓXICA
-      ELABORACIÓNS ARTESANAIS
-      COCIÑA
-      SERVIZOS ÁS PERSOAS

As persoas interesadas en participar nalgún destes cursos poden pasar pola OMIX de Barro ou enviar un e-mail a omix@barro.es dende o mércores 14 ao xoves 29 de xaneiro, para escoller o curso a realizar no Concello de Barro (será mais votado do listado de 38 cursos)

- Poderán participar todos os mozos e mozas de 16 a 35 anos, ambos inclusive, preferentemente os que se atopan en situación de desemprego. E os maiores de 35 se non se cobren as prazas.
 
Mais información na Oficina Municipal de Información Xuvenil
Teléfono: 986714806
Horario: luns, mércores, venres e sábados de 9:00 a 14:00 h
 martes e xoves de 16:00 a 21:00 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario