UN TOTAL DE 907 XOVES TITULADOS PREINSCRÍBENSE PARA OPTAR ÁS 200 BOLSAS DO NOVO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL PARA CONCELLOS E CENTROS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 8 de enero de 2015

UN TOTAL DE 907 XOVES TITULADOS PREINSCRÍBENSE PARA OPTAR ÁS 200 BOLSAS DO NOVO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL PARA CONCELLOS E CENTROS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA



Os titulados universitarios e de ciclos superiores poderán presentar as súas solicitudes ata o 12 de xaneiro

Un total de 907 preinscripcións para tomar parte no novo Plan de Práctica Laboral para concellos e centros da Deputación foron efectuadas a través da páxina web da institución provincial. Delas, pasaron polo Rexistro da Deputación en Pontevedra 221 e 133 polo da delegación de Vigo.
O  plan concederá 200 bolsas, das cales o 80% irá destinada a concellos e o 20% restante á administración provincial. As  bolsas van destinadas a titulados universitarios e de ciclos superiores.
Os mozos e mozas interesados en acceder a este plan terán que ter obtido a súa titulación con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007, estar inscritos no Servizo Público de Emprego da provincia de Pontevedra e estar empadroado nun concello da provincia con anterioridade ao 1 de xuño de 2014.
Ademais, será preciso non ter experiencia previa na profesión na que van realizar as prácticas. O prazo para a presentación de solicitudes conclúe o vindeiro 12 de xaneiro.
As titulacións máis solicitadas son: Diplomatura/grao en Turismo; Ciclo Superior de Administración e Finanzas; Licenciatura/grao en Dereito; Diplomatura/grao en Traballo Social; Ciclo Superior Animación Sociocultural e Turística; Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública; Biblioteconomía e Documentación ou Información e Documentación; Licenciatura/grao en Economía; Licenciatura/grao en Xornalismo; Enxeñería Técnica de Obras Públicas ou Grao en Enxeñería de Obras Públicas; Diplomatura/grao de Relacións Laborais ou Relacións Laborais e Recursos Humanos; Licenciatura en Administración e Dirección de empresas e Diplomatura/grao en Educación Social.
Un ano de prácticas profesionais
Tal e como recollen as bases do programa, as bolsas terán unha duración de seis meses prorrogables por outros seis, de forma que os bolseiros poderán permanecer no centro de traballo que lles corresponda por  un ano.
As bolsas serán de 700 euros no caso dos titulados de ciclo superior e de 800 euros para universitarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario