A DEPUTACIÓN ABRE PRAZO ATA O 14 DE MARZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES PARA AS 120 PRAZAS DO CENTRO DE DÍA DE PRÍNCIPE FELIPE 2015-2016 - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 6 de febrero de 2015

A DEPUTACIÓN ABRE PRAZO ATA O 14 DE MARZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES PARA AS 120 PRAZAS DO CENTRO DE DÍA DE PRÍNCIPE FELIPE 2015-2016






A Deputación abre un prazo, ata o vindeiro 14 de marzo, para presentar solicitudes para o Centro de Día de Príncipe Felipe.
O Centro está destinado a menores de entre 4 meses a 16 anos procedentes de familias que necesiten apoio diario para completar a formación e atención dos seus fillos. Conta con 120 prazas, 70 para nenos de 04 meses a 7 anos; e 50 prazas para nenos de 8 a 16 anos.
O Centro pretende favorecer procesos de integración social; promover o cambio de actitudes e condutas dos menores; asesorar e orientar a menores e as familias; evitar o absentismo escolar,…etc.
Para levar a cabo esa función, conta cos seguintes medios: Persoal cualificado para a atención personalizado dos menores; Unidades de convivencia amplas, salas, ambientes de xogo, de descanso ou traballo e instalacións deportivas; Conexión coa cidade fácil e rápida, con transporte propio, servizo médico, psicolóxico e da asistencia social e organización de actividades extraescolares; e un centro de educación infantil e primaria dentro do recinto, así como un hospital a 100 metros para posibles urxencias.
Entre os servizos que o Centro de Día de Príncipe Felipe presta está o aloxamento diúrno, a atención durante o curso lectivo, xantar e merenda, apoio e seguimento escolar, financiamento do transporte, actividades propias e servizo de titorías.
No curso 2014 – 2015 foron presentadas 160 solicitudes, das que 40 quedaron en reserva. Por esta razón, o Centro de Día de Príncipe Felipe ven funcionando perante todo o curso escolar ao 100%.

No hay comentarios:

Publicar un comentario