Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 21 de febrero de 2015

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA AMPLÍA O PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS ATA OS 30 MILLÓNS € QUE SERÁN DESTINADOS A INVERSIÓNS DOS CONCELLOS



·       Inicialmente, a cantidade do PPOS 2015 era de 12 millóns e foi ampliada hoxe con outros 18 procedentes da liquidación dos orzamentos do ano pasado.
·       Os concellos poderán destinar o que lles corresponda a Inversións e só nun 30% a Gasto Corrente
·       Louzán destaca a boa saúde financiera dos concellos da provincia que só gastaron 256.560 € en Gasto Corrente e amortizar ou pagar débedas, cando a partida consignada para ese fin era de 3,6 millóns.

A Deputación de Pontevedra ampliou a dotación do Plan Provincial de Obras e Servizos (PPOS 2015) ata os 30 millóns de euros.

Inicialmente, a institución provincial dotara este plan con 12 millóns que foron incrementados hoxe con outros 18 despois de recibir a liquidación dos orzamentos do ano pasado e decidir destinar a citada cantidade de 18 millóns ao PPOS 2015.

Onte, no curso dunha comisión informativa, foi aprobada a consignación final de 30 millóns e aprobadas as bases do programa, algo que será ratificado no vindeiro pleno de finais de mes.

Esta cantidade de 30 millóns de euros será distribuida entre 59 concellos da provincia (todos excepto Vigo, Pontevedra e Mondariz Balneario) con criterios obxectivos acordados entre todos os grupos e tendo en conta a poboación do concello (75%) e a súa extensión (25%).

Os concellos poderán destinar a cantidade que lles corresponda a Investimentos de calquer obra que figure dentro da súas competencias e que, incluso, pode ser cofinanciada por outra administración; e destinar tamén o 30% do que se lles asigne a Gasto Corrente, é decir a amortización de débedas con entidades ou acreedores; pago de débedas; e gasto corrente ou gasto corrente novo.

Só 10 concellos usaron o 30% para Gasto Corrente
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, explicou onte, en rolda de prensa, que os concellos da provincia gozan de boa saúde financieira e puxo como proba que só 10 destinaron en total 256.560 € a Gasto Corrente cando a partida total destinada a ese fin era de 3,6 millóns € e o ano  pasado non foi gastada. Os 10 concellos que destinaron un total de 256.560 € a Gasto Corrente (con cantidades que van dos 35.867 € de Moaña a os 19.535 e Gondomar) foron Agolada, Catoira, Cuntis, Gondomar, A Lama, Meis, Moaña, Pontecesures, Salvaterra e Vilagarcía.

 Louzán congratulouse desa boa saúde financieira dos concellos pontevedreses pois así <poderán destinar todo o que lles corresponde no PPOS 2015 a inversións que xeneran emprego e riqueza>.
Pontevedra, 20 de febreiro d

No hay comentarios:

Publicar un comentario