Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 28 de febrero de 2015

A DEPUTACIÓN INICIA UN NOVO CURSO DE EMPREGO DOMÉSTICO DENTRO DO PROXECTO AQUELANDO3 QUE FORMOU A 630 PERSONAS E CONSIGUEU QUE 73 ATOPASEN UN TRABALLO FIXO





Un novo curso para 15 desempregados, relativo a Emprego Doméstico e enmarcado no proxecto Aquelando3 da Deputación de Pontevedra, iniciouse nas instalacións de Príncipe Felipe.

O proxecto é unha iniciativa da Deputación, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, que tén como obxectivo a inserción laboral de personas desempregadas na provincia.

Este e todos os cursos de Aquelando3 están asociados para obter o certificado de profesionalidade en cada especialidade que se imparte. Este documento permite acreditar a capacitación laboral para o desempeño do posto de traballo.

Aquelando3 imparteu un total de 42 cursos, dos que están pendentes de realización 8. Neles, formaronse 630 personas que realizaron 300 horas de prácticas non laboráis, algo que permiteu a cada traballador estar, perante tres meses e medio, nun centro de traballo para integrarse no mercado laboral. Ata o pasado mes de decembro de 2014, o proxecto Aquelando3 posibilitou que 73 personas atopasen un traballo remunerado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario