Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 12 de febrero de 2015

Video da TVG. Rouban no instituto de Barro e causan perdas por valor de 6.000 euros


http://www.crtvg.es/informativos/rouban-no-instituto-de-barro-e-causan-perdas-por-valor-de-6-000-euros-1009154


Pincha no enlace para ver a noticia:

http://www.crtvg.es/informativos/rouban-no-instituto-de-barro-e-causan-perdas-por-valor-de-6-000-euros-1009154

Os ladróns entraron no instituto de Barro. Levaron tres ordenadores e cartos. As perdas chegan aos 6.000 euros entre o valor do roubado e os danos ocasionados. Mentres, en Portonovo uns descoñecidos marcharon con 3.500 euros do club de fútbol. 

No instituto de Barro os ladróns entraron de noite e pola porta traseira. Para acceder cortaron a rede que rodea o terreo do centro e anularon a alarma.

"Levaron tres ordenadores portátiles e os danos nas portas vai custar moito arranxalos. O sistema informático tamén está roto e estamos sen servizo. Tamén roubaron o router e os discos duros", afirma Consuelo Vázquez, directora do IES de Barros. 

No centro contaron 17 portas rebentadas. Calcúlase que as perdas chegan aos 6.000 euros entre os cartos que levaron das actividades extraescolares e os estragos. Agora os investigadores centran o seu traballo nas imaxes das cámaras de seguridade.

Os directivos da sociedade deportiva de Portonovo está desolados despois de que lles roubaran 3.500 euros nas últimas horas. 

Os ladróns accederon ás instalación a través dun bar lindeiro. Fixeron un burato nun cristal cunha barra de ferro que sacaron dun toldo. A directiva está convencida de que os delincuentes coñecían o lugar porque habitualmente non quedan cartos no despacho. A Garda Civil investiga os feitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario