Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 19 de marzo de 2015

A DEPUTACIÓN CONCEDE 251.237 € AOS CONCELLOS DE VALGA E BARRO PARA REPARACIÓN DE VIAIS E MELLORAS ELÉCTRICAS NUNHA INSTALACIÓN DEPORTIVA



A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa xunta de goberno, a concesión de 157.112 € ao Concello de Valga para diversas melloras en camiños veciñais e de 94.125€ ao Concello de Barro para melloras nas liñas de media tensión e outras infraestruturas eléctricas no campo de fútbol de San Antoniño. Ambas obras están incluidas no Plan Provincial de Obras e Servizos do 2015.

En Valga, repararánse ou pavimentaránse camiños nos lugares de Devesa, Campaña, Barcia, Castiñeiras, Forno, Gándara, Carballiño e Medela, cun prazo de execución dos traballos de 3 meses.

A subvención de 94.125 € concedida ao Concello de Barro é para instalar unha liña de media tensión subterránea, un centro transformador e levar a cabo a reforma da liña aérea de baixa tensión existente no campo de fútbol de San Antoniño.

O traballo forma parte do acondicionamento do campo de fútbol de San Antoniño que implicará melloras tanto de instalacións como de acondicionamento e obra civil.

O suministro de enerxía eléctrica será de 20 kv de tensión, construiráse unha rede subterránea e unha frecuencia de 50 herzios. O prazo de execución será de mes e medio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario