Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 1 de marzo de 2015

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA INICIA A LICITACIÓN PÚBLICA A TRAVÉS DE MEDIOS ELECTRÓNICOS



 A Deputación de Pontevedra, no seu afán por achegar a Administración ós cidadáns e ás empresas, comezou en febreiro a licitar a través de medios electrónicos no marco do proxecto LEAL (Licitación Electrónica nas Entidades Locais). 

Esta iniciativa, impulsada conxuntamente pola Deputación de Pontevedra e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pretende simplificar os procesos de licitación das administracións locais galegas, facéndoos máis accesibles e transparentes para os licitadores.

Un dos obxectivos deste proxecto é facilitar o acceso das pemes á contratación pública, igualando as súas oportunidades ás das empresas máis grandes. Con este servizo facilítase ademais a adaptación ás novas directivas europeas de contratación, xa aprobadas, que imporán a obrigatoriedade do uso de medios electrónicos nos procesos de contratación pública nos próximos anos.

O proxecto consiste na implantación e posta en marcha da plataforma de licitación electrónica VortalGOV. Trátase dun servizo deseñado para as administracións públicas que está completamente adaptado á Lei de contratos do sector público. Esta plataforma permite integrar por vía electrónica os procesos das administracións públicas e os licitadores, abarcando desde a publicación do procedemento ata a sinatura do contrato. Este sistema é utilizado actualmente por máis de 2.000 entidades públicas e 40.000 provedores de todo o mundo. A ampla difusión da plataforma VortalGOV facilitará a concorrencia ós procesos de contratación da Deputación de Pontevedra, o que repercutirá na obtención de mellores ofertas para a entidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario